
20 BOLSAS DE ARQUIVOS
Obxecto: As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas coa organización e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese galego. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.
Beneficiarios: Licenciatura universitaria ou equivalente na que predomine a formación en historia ou arquivística.
Condicións: As bolsas terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino. O importe bruto mensual de cada bolsa será de 900,01 €. As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente outros seis meses (6) en fun-
ción da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013.
Prazo: ata o 23 de xuño
6 BOLSAS PATRIMONIO MOBLE GALEGO
Obxecto: convocatoria do programa 2012/2013 de bolsas de formación en materia de patrimonio moble en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Beneficiarios:
1.a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
• Historia.
• Historia da arte.
• Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
Diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou escultura.
Condicións:
1. O número de prazas convocadas será de seis (6), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 5 desta convocatoria.
2. As bolsas terán carácter plurianual, cunha duración de doce (12) meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co centro de destino.
3. O importe de cada bolsa non excederá da cantidade de doce mil euros (12.000,00 €).
4. Os bolseiros seleccionados quedarán asimilados a traballadores por conta allea, para
os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social
Prazo: ata o 22 de xuño.
113 AXUDAS PARA ESTUDAR IDIOMAS NA U.E DURANTE O VERÁN 2012
Obxecto: convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da unión europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Período e dotación da axuda:
1. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.
2. A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.
Requisitos:
1. Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
b) Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
c) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
d) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Prazo de presentación: ata o 14 de xuño de 2012
Prazo de xustificación: remata o 10 de outubro de 2012.
LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS EN UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS E ESTRANXEIRAS.
Obxecto: proceder a convocatoria das prazas de lector/a de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:
| Destino | Localidade | País |
| Universidade do País Vasco | Vitoria | España |
| Universidade da Sorbona-París III | París | Francia |
| Universidade de Birmingham | Birmingham | Reino Unido |
| The Queen’s College, Oxford | Oxford | |
| Universidade de Cork | Cork | Irlanda |
| Universidade Federal de Bahía | Salvador de Bahía | Brasil |
Requisitos:
- Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
- Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta axuda económica.
- Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
- Non encontrarse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Estar en posesión das seguintes titulacións:
– Licenciatura en filoloxía galega.
– Licenciatura en filoloxía hispánica, subsección de galego-portugués.
– Licenciatura en filoloxía románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
– Grao en lingua e literatura galegas.
– Grao en estudos de galego e español.
– Grao en galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios.
– Grao en lingua e literatura españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior Plus en introdución á lingua e literatura galegas.
– Grao en lingua e literatura modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior Plus/modalidade mixta en introdución á lingua e literatura galegas.
- Poderá solicitar as prazas localizadas en Francia, Reino Unido ou Irlanda quen estea en posesión das seguintes titulacións:
– Licenciatura en tradución e interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
– Grao en tradución e interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Duración: as persoas seleccionadas serán nomeadas para unha primeira estadía que abranguerá o período comprendido entre o 1.10.2012 e o 30.9.2013, agás no caso da praza localizada na universidade de Brasil, cuxo período estará comprendido entre o 1.1.2013 e o 31.12.2013. Este nomeamento inicial poderase renovar sucesivamente en dúas ocasións máis ata completar cada lector ou lectora, como máximo, tres anos de estadía. Para o cómputo do período máximo de permanencia non se terán en conta os nomeamentos provisionais derivados de substitucións.
Contía: O/a lector/a percibirá o importe da bolsa directamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou a través da universidade para a cal sexa seleccionado.
Para o ano 2012 o importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
– 1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
– 1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
Neste importe considéranse incluídos todos os conceptos, é dicir, o/a lector/a fará fronte aos gastos de tipo profesional ou persoal que poidan derivar, tales como: cotización á Seguridade Social (cota obreira), viaxes, desprazamentos urbanos, residencia, requisitos burocráticos, etc., con cargo á bolsa adxudicada.
Solicitudes e prazo: os interesados poderán solicitar como máximo 4 lectorados, ata o 15 de xuño.
——————————————————————————————-
1.800 AXUDAS PARA OS CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN
Obxecto: potenciar as capacidades dos alumnos que demostran unhas especiais habilidades no ámbito científico-tecnolóxico no momento de acceder ao nivel de Bacharelato e, polo tanto, de orientarse sobre o seu futuro profesional e, por outra,de estimulalos nun momento en que deben decantarse cara a un ou outro ámbito nos seus estudos.
Beneficiarios: alumnos que estén cursando o ano académico 2011-2012 ou cuarto curso da ESO ou primeiro curso de Bacharelado das áreas científicas e ou tecnolóxicas.
Celebración: os Campus desenvolveranse do 1 ao 28 de xullo de 2012 en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER) en catro quendas de 7 días de duración cada un nas seguintes universidades: Autónoma de Madrid, Cádiz, Carlos III, Complutense de Madrid, Granada, Las Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Sevilla, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo.
Gastos subvencionables: a axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento,asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, con un seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado,
así como dende este ata os seus domicilios será de conta dos alumnos, sen que proceda o aboamento de axuda alguna por este concepto.
Os alumnos que obteñan praza, deberán aboar a cantidade de 90 euros, en
concepto de matriculación.
Prazo: ata o 16 de maio de 2012.
9 BOLSAS DE PRÁCTICAS DE COMERCIO EXTERIOR
Condicións, obxecto e finalidade: as prácticas de comercio exterior realizaranse na sede das asociacións españolas de exportadores.
Os bolseiros colaborarán nas actividades de comercio exterior a realizar polas
asociacións como: promoción comercial, elaboración de estudos de mercado, organización de estatísticas de comercio exterior e bases de datos, mellora do boletín informativo, así como a realización de estudos ou informes relacionados co comercio exterior.
Para cumprir coa finalidade desta convocatoria os bolseiros estarán obrigados a
remitir á Secretaría de Estado de Comercio memorias trimestrais durante o goce
da bolsa, que así o verifiquen.
Duración: dende o 1 de xuño, ou dende a data da resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012.
Contía: cada unha das bolsas recibirá a cantidade bruta anual de 12.739,30 € no ano 2012, asisgnándose en mensualidades vencidas.
Prazo: ata o 11 maio de 2012.
3 BOLSAS DE FORMACIÓN NO CONSELLO DE CONSUMIDORES E USUARIOS
Obxecto: a formación teórica e práctica de posgrao en materia de consumo,no Consello de Consumidores e Usuarios, en réxime de concorrencia competitiva, para titulados superiores nas seguintes áreas de coñecemento:
a) Un Licenciado en Dereito.
b) Un Licenciado en Ciencias Económicas ou Empresariais.
c) Un Licenciado en Periodismo.
A finalidade das bolsas será a formación teórica e práctica de titulados superiores
como especialistas en materia de consumo, así como a dotación de apoio de recursos humanos para o desenvolvemento das tarefas do Consello de Consumidores e Usuarios.
Para iso, a formación desenvolverase mediante un programa de titorías que inclúe
formación teórica e práctica dos bolseiros en materia de normativa relativa á
protección dos consumidores e usuarios, así como á súa representación institucional a través das súas asociacións.
Os bolseiros contarán co asesoramento, orientación, dirección e supervisión de
un titor, o Secretario do Consello de Consumidores e Usuarios, que conforme ao
programa de titorías, incluirá a realización dun traballo monográfico.
O titor avaliará mensualmente o cumprimento do programa de formación deseñado, con carácter previo ao aboamento do importe mensual da bolsa.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dun país membro da Unión Europea,
ser residente en España no momento de incorporarse á bolsa, e posuír plena
capacidade de obrar.
b) Estar en posesión das titulacións académicas de Licenciado en Dereito,
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais ou Licenciado en Periodismo.
c) Idade non superior a 30 anos.
d) Coñecementos de inglés e outros idiomas de países membros da Unión
Europea.
e) Manexo a nivel usuario de bases de datos, Windows, correo electrónico e Internet.
f) A data de finalización dos estudos realizados non poderá ser anterior ó curso académico 2007-2008.
Duración: anual, dende a resolución ata o 31 de decembro de 2012, podendo prorrogarse no 2013 se existe crédito.
Contía: 884,16 € brutos mensuais.
Prazo: ata o 27 de maio
——————————————————————————————-
30 BOLSAS DE CONTROL ANALÍTO DE PRODUTOS DE COMERCIO EXTERIOR
Obxecto: completar a capacitación profesional de titulados universitarios superiores en disciplinas relacionadas co control analítico e facilitar así a súa incorporación ao mercado laboral, para que este dispoña de especialistas en análise de produtos obxecto de comercio exterior.
Requisitos solicitantes:
a) Estar en posesión da nacionalidade española.
b) Estar en posesión do título de Grao ou Licenciado en Ciencias Químicas,Biolóxicas, Farmacia, Veterinaria, Enxeñaría Superior ou calquera outra titulación universitaria superior relacionada coas Ciencias experimentais. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos.
c) Acreditar experiencia práctica de laboratorio e en sistemas de calidade mnen laboratorios de ensaio, valorándose de xeito especial a adquirida nas seguintes técnicas analíticas:
Cromatografía de gases (todos os destinos).
Cromatografía de líquidos de alta resolución [Alicante, Barcelona,Bilbao, Málaga, Murcia, Sevilla, Valencia, Vilamalla (Xirona) e Vigo (Pontevedra)]. Espectrometría UV-VIS (todos os destinos).
Espectrometría de absorción atómica [Alicante, Barcelona, Las Palmas de Gran Canaria, Pamplona, Sevilla, Valencia e Vigo (Pontevedra)].Electroforese [Vigo (Pontevedra)].
d) Consideraranse méritos específicos adicionais os coñecementos de inglés técnico e de informática a nivel de usuario, así como a realización de cursos formativos sobre técnicas analíticas.
Posibilidade de dedicación completa ás tarefas a desempeñar como contrapartida da bolsa.
Condicións: cada bolsa estará dotada cunha cantidade máxima de 8.644,72 euros anuais brutos, sendo a asignación mensual de 1.234,96 euros brutos. A duración das bolsas será dende o 1 de xuño, ou dende a data da Resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012.
Prazo: ata o 10 de maio ( 10 días hábiles dende o día seguinte o da publicación 27 de abril).
9 BOLSAS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL E NO SERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.
Obxecto: fomentar a realización de prácticas que completen a formación dos graduados en Información e Documentación ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) coa súa participación nos labores que se
levan a cabo no Arquivo, Biblioteca Provincial e Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña.
Lugar de realización:
· Seis graduados ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación realizarán tarefas no Arquivo Provincial e na Biblioteca Provincial.
· Tres graduados ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación realizarán tarefas no Servizo de Patrimonio e Contratación.
Requisitos dos solicitantes:
· Non percibir ningunha axuda económica incompatible.
· Ter obtido o grao en Información e Documentación ou Licenciatura en Documentación en Biblioteconomía e Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade de A Coruña (Campus de Ferrol) no curso 2010-2011.
· En caso de vacante ou ampliación teranse en conta as licenciaturas nos cursos 2009/2010, 2008/2009 y 2007/2008.
Condicións: A duración da bolsa será de 12 meses, o inicio das prácticas será o 1 de xuño de 2012 e recibirán unha dotación mensual de 740,56 € mensuais.
Prazo: ata o 21 de maio de 2012.
——————————————————————————————-
5 BOLSAS DE COLABORACIÓN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Obxecto: colaboración en proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega.
Condicións:
A contía mensual será 910 € coa retención fiscal que corresponda, nos cales van incluídos os custos da cota da Seguridade Social (cota patronal e cota obreira), en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación. A duración das bolsas será de sete (7) meses, iniciaranse previsiblemente o 1 de xuño de 2012 e rematarán o 31 de decembro de 2012. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
Requisitos:
- Área de Publicacións: Ser licenciado/a en Filoloxía Galega.
- Área de Documentación: Ser diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación ou licenciado/a en Documentación.
- Área Técnica: Ter estudos de técnico/a de imaxe e son (grao superior de técnico/a de son ou imaxe- FP ou similar ou outra titulación superior).
Prazo: ata o 21 de maio ( 1 mes dende o día seguinte a publicación, 19 abril, se o último día é inhábil, caso de 20 de maio por ser domingo, pasa o día seguinte hábil)
71 BOLSAS EN UNIDADES DEPENDENTES DA SECRETARÍA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES E EN ENTIDADES AGROFORESTAIS E ALIMENTARIAS.
Obxecto e requisitos: As bolsas distribúense da seguinte maneira.
– 14 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bol-
sas para licenciado en enoloxía, 2 bolsas para licenciados en ciencias químicas, 2 bolsas
para licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agróno-
mos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes e 2
bolsas para enxeñeiros técnicos forestais.
– 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición:
2 bolsas para o ciclo superior de industria alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de ela-
boración de viño e outras bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou
superior da familia agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior
da familia química.
– 9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2.º curso ou titulados
recentes en ciclos da familia agraria e 6 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro
curso dos ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agrofores-
tal, dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.
– 28 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal
e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural
e Montes, para os recentes titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos
agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria,
licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
Condicións:
1. As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán
unha duración de cinco meses, no período de xuño a novembro, salvo renuncia ou incum-
primento dos beneficiarios. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000
euros para os tecnólogos e de 800 euros para o persoal de apoio.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para
os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional terán
unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico,
por mes de prácticas, será de 800 euros. As de alumnos do primeiro curso do ciclo for-
mativo terán unha duración de 2 meses, no período de xullo a setembro, e o seu importe
económico, por mes de prácticas, será de 600 euros.
3. As bolsas de prácticas para os titulados recentes en empresas e entidades relaciona-
das co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do
Medio Rural e Montes terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e
o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros.
4. No caso de que o número de solicitudes admitidas fose inferior ao de bolsas convo-
cadas para algunha das categorías ou titulacións recollidas na presente orde, poderase
ampliar a oferta das outras sempre que non se modifique o montante global orzado.
5. Estas bolsas son incompatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin e co tra-
ballo remunerado de carácter fixo ou temporal durante o seu período de duración.
6. A duración das bolsas para os titulados recentes en empresas e entidades relaciona-
das co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do
Medio Rural e Montes poderá ser ampliable
Prazo: Ata o 19 de abril
—————————————————————————————————-
BOLSAS DE PATRIMONIO NATURAL ALFRED TOEPFER 2012
Web con información específica
Destinatarios: Mozos europeos menores de 35 anos.
Obxecto: Bolsas para a realización de estudos de conservación nunha das moitas zonas naturais en Europa, ten como obxectivo intensificar a cooperación internacional e avanzar na calidade, a innovación a dimensión europea da xestión dos espazos naturais protexidos.
Convoca: Federación EUROPARC e a Fundación Alfred Toepfer.
Prazo: Ata o 11/05/2012.
BOLSAS DE ESTUDOS DE IDIOMAS
Bolsas para cursos de lingua inglesa, alemana ou francesa no estranxeiro durante o verán, destinadas a alumnado de Ensinanzas Artísticas Superiores e de Grao Superior de FP, de Artes Plásticas e Diseño e de Enseñanzas Deportivas. Convocatoria 2012.
Bolsas para cursos de lingua inglesa, alemana ou francesa no estranxeiro durante o verán a alumnado de estudios universitarios. Convocatoria 2012.
Bolsas de axudas para cursos de lingua francesa en Francia durante o mes de xullo en réxime de concurrencia competitiva. Convocatoria 2012
Bolsas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, durante o mes de xullo, en réxime de concurrencia competitiva. Convocatoria 2012
Prazo ata o 7 de abril
————————————————————————–
PRÁCTICAS LABORALES EN ALEMANIA
Organismo: Fundación Paideia.
Requisitos:
- Edad entre 18 y 30 años.
- Situación de desempleo superior a 6 meses.
- Nivel básico de alemán ó nivel medio de inglés.
- Formación específica en sectores y puesto según tabla.
- Estancia mínima 10 semanas con posibilidades de ampliar hasta un máximo de 6 meses.
- Remuneración 1000 € brutos (a descontar alojamiento 300€ aprox. y manutención 300€ aprox.).
- Transporte al puesto de práctica incluido.
- Curso inicial de idiomas en Alemania incluido.
- Tutor de contacto hispano hablante durante la estancia.
- Billete de avión a cargo del seleccionado/a. (Se contempla co-financiación de Fundación Paideia).
- Inicio: Abril 2012.
- Ubicación: Sur de Alemania (Badem-Württemberg).
- Manifestación de interés y presentación de currículum antes del 15 de marzo.
Si estás interesado/a envía el currículum ajustado al modelo europeo antes del 15 de marzo de 2012 y te convocarán para una reunión informativa.
Si tienes un nivel medio-alto de alemán envía tú CV aunque tu formación no coincida con los puestos solicitados en el anexo.
Información sobre la actividad
Esta actividad se enmarca dentro del programa de carácter transnacional La IDA del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales alemán, que la Fundación Paideia desarrolla en colaboración con el IBI (Institut für Bildung in der Informationsgesellschaft e. V.) y con Alyschwa, para favorecer la adquisición de competencias de jóvenes gallegos que reinviertan en una mejora de su currículum formativo.
Sectores a los que va dirigido y puestos disponibles
| SECTOR | PLAZAS |
| Profesionales de restauración y hostelería | 7 |
| Cocineros/as | 9 |
| Albañiles especializados en azulejos, baldosines y mosaicos | 2 |
| Instalador/a eléctrico | 1 |
| Jardinero/a | 1 |
| Especialistas en mantenimiento de calefacción y aire acondicionado. | 2 |
| Profesional sanitario y enfermeros/as | 9 |
| Desarrollador de Software | 1 |
| Especialistas CN | 2 |
| Cuidador/a de caballos | 2 |
Envío de currículum
Con el fin de cumplir con la Ley de Protección de Datos de Carácter Personal, podrá cumplimentar y enviar su CV en formato europeo a través del siguiente enlace en el apartado homónimo:
ACCESO A WEB INFORMATIVA
Para más información: idaproyecto@paideia.es Tlf.981 223 927
- Estar matriculado nunha Universidade española ou centros adscritos á mesma.
_______________________________________________________
6 BOLSAS PARA POSGRADUADOS NO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO NACIONAL, PARA O ANO 2012
> Convocatoria: BOE nº36 Sábado 11 de febrero de 2012 Sec. III. Pág. 12688
Obxecto: Fomento da preparación de novos investigadores do Patrimonio Histórico-Artístico do Patrimonio Nacional, a través da concesión de 6 bolsas anuais para a complementación da formación dos titulados universitarios. Promoción do coñecemento do Patrimonio e cooperación para a súa conservación e mellora.
*Especialidade das bolsas:
Beca n.º 1: Tecnologías de la Información y Comunicaciones. / Titulación exigida: Titulación universitaria oficial en el ámbito de nuevas tecnologías TIC. Adscripción: Dirección de Administración y Medios.
Beca n.º 2: Recursos Humanos y Relaciones Laborales. / Titulación exigida: Titulación universitaria oficial en el ámbito de Recursos Humanos y Relaciones Laborales. Adscripción: Dirección de Administración y Medios.
Beca n.º 3: Relaciones y Comunicación Institucional. / Titulación: Formación universitaria oficial en Derecho. Nivel avanzado de inglés. Niveles B2, C1 o C2, del Marco común europeo de referencia para las lenguas (MCERL). Adscripción: Unidad de Apoyo Gerencia.
Beca n.º 4: Documentación Histórico Artística. Revisión y ampliación del Catálogo histórico de los edificios, jardines y Patronatos Reales del Patrimonio Nacional. / Titulación: Licenciado en Historia del Arte o título de Graduado o Graduada en dicho ámbito. Adscripción: Dirección y Conservación de Bienes Histórico-Artísticos.
Beca n.º 5: Inventario de Elementos, Maquinaria e Instrumentos Técnico-Científicos. / Titulación: Título de Licenciado o de Grado. Preferentemente con posgrado sobre museología, bienes muebles, patrimonio histórico y/o artístico y/o gestión del patrimonio. Adscripción: Dirección y Conservación de Bienes Histórico-Artísticos.
Beca n.º 6: Desarrollo y Seguimiento de Exposiciones Temporales. / Titulación: Formación universitaria oficial en Historia del Arte. Adscripción: Dirección de Imagen, Promoción y Desarrollo.
Beneficiarios: Os requisitos dos solicitantes son:
1. Podrán concurrir a la convocatoria las personas que reúnan los requisitos siguientes:
a) Poseer la nacionalidad española, de alguno de los países miembros de la Unión Europea o de los países signatarios del Acuerdo sobre Espacio Económico Europeo, o ser extranjero residente en España de acuerdo con los requisitos de la Ley Orgánica 4/2000, en el momento de la solicitud y disfrute de la beca.
b) Estar en posesión de los títulos universitarios que se recogen en la base tercera para cada una de las modalidades de beca a la fecha de la publicación de esta convocatoria.
c) Haber finalizado sus estudios en el año 2007 o en fecha posterior.
d) No haber sido beneficiario, o no serlo en el momento de presentar la solicitud, de beca del Consejo de Administración del Patrimonio Nacional.
e) Los adjudicatarios deberán acreditar encontrarse al día en el cumplimiento de sus obligaciones tributarias y frente a la Seguridad Social.
2. No podrán ser beneficiarios de esta beca aquellas personas en quienes concurra alguna de las situaciones previstas en el artículo 13.2 de la Ley 38/2003, de 7 de noviembre, General de Subvenciones, y 25 del Reglamento de la Ley General de Subvenciones aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de julio.
Las especialidades de las becas, los solicitantes a quienes van dirigidas y las unidades a las que estarán adscritas son las siguientes:
Dotación: Abonaranse 1.215 € mensuais, cantidades ás que se lle farán as retencións que procedan, de acordó coas disposicións fiscais vixentes. O períoo de disfrute da axuda será dende a súa concesión ata o 30 de decembro de 2012.
Prazo: 3. “El plazo de presentación de las solicitudes finalizará a los quince días naturales contados a partir del siguiente al día de la publicación de esta convocatoria en el «Boletín Oficial del Estado”.
15 BOLSAS DE MERCADOS. EVERIS. BARCELONA.10/02/2012
Everis, empresa multinacional de consultaría e cunha forte presenza internacional en servizos de mercados de capitais, está a lanzar unha bolsa para recen licenciados en carreiras de económicas, ADE ou similares e enxeñarías en telecomunicacións, informática, matemáticas que desexen desenvolver a súa carreira profesional no ámbito de mercados de capitais e iniciasen ou teñan previsto completar a súa formación cun posgrao neste ámbito.
Ofrece:
- Seis meses de prácticas con posibilidade de incorporarse á compañía.
- Un mes de formación teórica e 5 meses de formación práctica, colaborando en proxectos de consultoría en mercados de capitais, da man de profesionais con marcada experiencia.
- Excelente clima laboral ( Best work praces 2009 e Top employees 2009).
-Prácticas remunderadas.
O temario impartido no primeiro mes de formación é o seguinte:
- Formación específica de mercados: tesouraría, xestión de activos, valores, produtos (derivados, tipos de interese, Forex, Equity, Commodities, etc., riscos, plataformas tecnolóxicas, etc.
- Formación en World-Class Solutions: Murex, Summit, Adaptiv, etc.
- Formación en metodoloxías de proxectos en mercados de capitais: consultoría estratéxica, proxectos de transformación, implantación de sistemas Front-to-Back Cross-Asset, etc.
Ofrece: traballar durante 3 meses en 3 países diferentes. Traballarase en 3 oficinas de EF Edcuation First que escollas de todo o mundo.
Entra na páxina de Global Intern 2012 e enche o formulario para apuntarte ao concurso que lanzou EF Education First, coa colaboración de Patatabrava.com. Unha mente aberta, curiosidade sobre o mundo e espírito aventureiro son as calidades que EF está a buscar nos universitarios. Adaptaran as prácticas á túa especialidade ou estudos.
Ademais do primeiro premio, haberá outros 2 gañadores que farán prácticas nun só país.
En España, EF ofrece tamén 5 prazas para os que queiran realizar prácticas nacionais nas oficinas que EF Education First ten por todo o país. Estos 5 estudantes recibirán 400 euros mensuais por una xornada laboral parcial e ó final dos tres meses, o que teña a mellor avaliación gañará un curso de inglés de dúas semanas en Reino Unido, totalmente gratis.
56 BOLSAS DA DEPUTACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Obxecto: para apoiar a xente moza da provincia a ampliar a súa formación en diferentes campos. As axudas están destinadas ao perfeccionamento de estudos artísticos fóra de Galicia, á investigación de diversas ciencias e ao apoio a deportistas de disciplinas individuais.
Requisitos: Todos os aspirantes deberán residir na provincia da Coruña e nacer despois do 1 de xaneiro de 1982.
Tipoloxía:
- 18 bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos fóra de Galicia poderán dedicarse a diferentes áreas como as artes plásticas, a danza, a interpretación, a música e a imaxe, cada unha delas cunha dotación de 8.950 euros. Véxase páxinas 9-12 da convocatoria.
- 18 bolsas de investigación. Os interesados poderán enviar as súas solicitudes ás diferentes áreas: ciencias sociais ou xurídicas, ciencias, ciencias da saúde, enxeñería e arquitectura ou artes e humanidades. Cada unha destas axudas está dotada con 7.625 euros. Véxase páxinas 13-16 da convocatoria.
- 10 Bolsas para deportistas da provincia, axudas dotadas con 2.000 euros cada unha para os interesados con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos e outras 10 bolsas de 3.000 euros para os aspirantes de entre 18 e 24 anos. As disciplinas ás que se dediquen deben pertencer a deportes incluídos no programa oficial dos últimos Xogos Olímpicos. Véxase páxinas 17-19 da convocatoria.
Prazo: para enviar a documentación necesaria ao Rexistro Xeral da Deputación da Coruña cérrase o próximo 31 de marzo.
PROGRAMA FULLBRIGHT
- 3 BOLSAS DE VIAXE “RUTH LEE KENNEDY”
Obxecto: destinadas a mulleres universitarias que queiran ampliar coñecementos ou investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América.
Prazo: ata o 20 de Febreiro de 2012
Duración: non será inferior a seis meses para estudios de posgrao, ni inferior a tres para proxectos de investigación posdoutoral
Período: de 12 meses como máximo, deberá estar comprendido entre o outono do 2012 e o verán de 2013.
Dotación: Bolsa de viaxe de 3.000 $
Máis información ( amplo resume, convocatoria e solicitude)
- 25 BOLSAS DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS
Obxecto: bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de Estados Unidos en calquera disciplina. As bolsas Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master’s, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral.
Duración: de 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.
Período: Entre o verán ou outono de 2013 e o verán de 2014, segundo o calendario académico da universidade de destino.
Dotación: viaxe, compra de libros e materiais, manutención, matrícula, seguro médico e de accidentes.
Prazo: ata o 21 de Marzo de 2012.
Máis información ( amplo resume, convocatoria e solicitude)
100 BOLSAS DO PROGRAMA: “BECAS IBEROAMÉRICA. JOVENES PROFESORES E INVESTIGADORES. SANTANDER UNIVERSIDADES”
Obxecto: Programa dirixido a impulsar o Espazo Iberoamericano do Coñecemento. Proporcionan apoio para realizar unha estanza de investigación nunha das universidades da Rede Global de Santander Universidades.
Beneficiarios: Persoal investigador en formación e persoal docente e investigador de
universidades españolas, con convenio de colaboración vixente co Santander, e
funcionarios e persoal ao servizo de centros propios e mixtos do Consello Superior de Investigacións Científicas, con contrato ou nomeamento no momento de concesión da Bolsa e en vigor durante o período no que se desenvolva a estanza de
investigación á que esta se destina.
Contía: 5.000 € abonados en dous pagos.
Prazo: de presentación de solicitudes será: ata ás 24:00 horas do día 19 de febreiro de 2012. So serán aceptadas as solicitudes realizadas on-line, a través da web http://www.becassantander.com
2 BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN NO MUSEO NACIONAL DO PRADO
Obxecto: participar durante doce meses (12) na formación de especialistas e fomentar a investigación nas seguintes Áreas do Museo Nacional do Prado:
A) Documentación. Unha bolsa para documentalista na Área de Biblioteca, Documentación e Arquivo. Participación no proxecto «Actualización da base de datos de obras de arte do Museo Nacional do Prado e difusión da información a través da web».
B) Área de Conservación de Pintura do século XIX. Unha bolsa para investigador-documentalista. Participación no proxecto de documentación do Museo Nacional de Arte Moderna (MAM).
Beneficiarios: titulación ou grao en Historia da Arte ou título validado en vigor, en relación coa bolsa a desempeñar, obtida a partir de xaneiro de 2006. Para estes efectos atenderase exclusivamente á finalización da licenciatura ou grao, sen que se teña en conta a data de finalización de doutorado ou outros estudos de postgrao
Contía e duración: 18.000 € anuales, período de un ano.
Prazo: ata o 18 de febreiro ( 20 días hábiles).
8 BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO
Obxecto: concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A).
Fin do prazo de presentación: 13 de febreiro de 2012
Solicitude e documentación na Guía do Cidadán
1.350 BOLSAS DE IDIOMAS DA FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN NAS ZONAS MINEIRAS DO CARBÓN
Prazo: ata o 31 de xaneiro.
15 VACANTES. BOLSAS LEONARDO
Información no blog da Oficina de Información Xuvenil do Concello de Boiro
65 BOLSAS DA OBRA SOCIAL LA CAIXA. POSGRAOS EN FRANCIA E ALEMANIA.
Obxecto: A Obra Social “a Caixa”, coa vontade de contribuír ao perfeccionamento do potencial humano existente en todo o seu ámbito de actuación e convencida da importancia do progreso científico, investigación, mobilidade e cualificación profesional para o desenvolvemento da sociedade, convoca 65 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España, para o que xa se ofrece unha convocatoria específica.
As bolsas para cursar estudos en Alemaña ofrécense en colaboración co Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD). As persoas que resulten beneficiarias dunha destas bolsas terán a consideración de bolseiros de “a Caixa” e do DAAD.
As bolsas para cursar estudos en Francia ofrécense en colaboración coa Embaixada de Francia en España. As persoas que resulten beneficiarias dunha destas bolsas terán a consideración de bolseiros de “a Caixa” e do Goberno francés.
Requisitos:
Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursasen os estudos nalgunha de as facultades ou centros de ensino superior das universidades españolas.
Non se admitirán solicitudes en que se acrediten estudos de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, salvo que estes estudos se haxan
completado cos estudos do ciclo superior que correspondan a algunha das titulacións mencionadas.
Dotación económica
- Billete de ida e volta en avión
- Matrícula na universidade sen límite de importe
- Dotación única inicial de 1.100 euros
- Dotación mensual de 1.400 euros (estancia máxima de 24 meses)
- Seguro de enfermedad, accidentes e responsabilidad civil.
Condicións
- O bolseiro empezará a recibir a asignación mensual cando inicie o programa de estudos para o que se lle haxa concedido a bolsa.
- O período total de desfrute da bolsa non será inferior a 9 meses nin superior a 24.
- Cando os estudos excedan un curso académico, o bolseiro ha de solicitar a prórroga da bolsa. Esta petición débese
xustificar e acompañar das cartas de apoio que se precisen da universidade na que estea matriculado. - Para os estudos en Alemaña, o DAAD aceptará solicitudes de estudantes de doutorado para estender a prórroga un terceiro ano.
Prazo: ata o 6 de febreiro de 2012
3 BOLSAS PARA DOCUMENTALISTAS
Obxecto: para a instrución e colaboración na realización de traballos e estudos de carácter documental relacionados coa actividade electoral e coa documentación obrante na Xunta Electoral Central
Dotación: Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e a súa dotación será de 1.100 euros brutos mensuais, tanto no exercicio 2012 coma en 2013.
Condicións: A bolsa poderá prorrogarse por un período máximo de seis meses, cando a conclusión dos traballos e estudos que se estean a realizar así o aconselle.
Requisitos:
a) Estar en posesión dun título universitario de segundo ciclo ou Licenciado expedido por Universidades españolas ou homologado polo Ministerio de Educación, en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades, segundo o Catálogo de Títulos Universitarios Oficiais (anexo ao Real Decreto 1954/1994, do 30 de setembro).
b) Ter obtido o devandito título nos cinco anos anteriores á data da publicación oficial desta convocatoria.
c) Acreditar preparación teórica en materia de Documentación durante polo menos 600 horas lectivas ou equivalente a 25 créditos ECTS (European Credit Transfer System).
d) Non ter gozado durante máis de seis meses doutra bolsa da Xunta Electoral Central das mesmas características.
Prazo: ata o 25 de xaneiro.
16 AXUDAS PARA BOLSAS E CONTRATOS DO PROGRAMA SALVADOR MADARIAGA
Obxecto: facilitarán a formación de doutores nas áreas de ciencias humanas e sociais, historia, dereito, economía e ciencias políticas e sociais, en execución do Programa Salvador de Madariaga.
Condicións: duración 48 meses, primeiro período en réxime de bolsa e o segundo de contrato en prácticas. Data de incorporación 1 de setembro 2012.
Requisitos:
1. Os solicitantes candidatos deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española e no caso de solicitantes nacionais doutro país da Unión Europea, deben posuír perfecto dominio do español e ter residencia oficial e cotiá demostrable en España no momento de solicitar a bolsa.
b) Posuír título de licenciado ou de máster ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutorado nos devanditos campos.
Tamén poderán presentar a solicitude os estudantes das materias sinaladas que se encontren no seu último ano de licenciatura ou de máster ou lle falten por cursar un máximo de créditos equivalentes a un curso académico e que, en todo caso, deberán ter rematado e acreditar estar en posesión do título con anterioridade ao día 10 de xullo de 2012.
c) Ter finalizado os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 e ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao Instituto. O anterior límite establécese coa finalidade de potenciar a formación doutoral entre os mozos e favorecer a súa incorporación ao mercado laboral universitario e de investigación no ámbito español e europeo.
d) Non ter sido beneficiario unha bolsa de formación de persoal investigador concedido por algunha administración pública española de máis dun ano de duración.
e) Ter dominio de polo menos dúas linguas oficiais da Unión Europea, con preferencia do inglés e/ou francés.
2. Non poderán participar na convocatoria os que xa estean en posesión do título de Doutor.
Prazo: ata o 31 de xaneiro 2012
12 BOLSAS DE FORMACIÓN DE EXPERTOS/AS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO.
Destinos: serán a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (en diante Dirección Xeral), as oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (OTC) ou algunha organización internacional multilateral, nalgún dos países onde desenvolven os seus proxectos.
Período:As actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2012 e 2013 cunha duración máxima de doce meses, entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013, logo de aceptación por parte do/da solicitante que resulte seleccionado/a.
Contía: O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan no exterior e 1.000 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan na sede da dirección xeral, que se farán efectivos polo importe líquido tras realizar a retención fiscal que lle corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Enténdese incluído neses importes o pagamento dos custos sociais. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días.
Os/as bolseiros/as destinados/as no exterior recibirán en concepto de aboamento dos gastos de viaxe, primeiro establecemento, visados, seguros ou gastos ocasionados con motivo dos desprazamentos internos necesarios no desenvolvemento da bolsa, previa xustificación documental, unha contía máxima de 3.000 euros para cada un dos destinos propostos. Os ditos gastos deben ser realizados e xustificados antes do 15 de decembro de 2012
AXUDAS COMPLEMENTARIAS Á BOLSA DE ERASMUS
Obxecto: Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza.
Beneficiarios: estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2011/2012.
Contía:
– Un trimestre: 180 euros.
– Un semestre: 360 euros.
– Curso completo: 540 euros.
Prazo: ata o 27 de xaneiro
PRAZAS DE AUXILIARES DE CONSERVACIÓN EN ESPAÑOL EN CENTROS ESTRANXEIROS PARA O CURSO 2012-2013.
Obxecto: o programa fai posible que os graduados ou licenciados españois participantes poidan perfeccionar o coñecemento do idioma e a cultura do país que os acolle, á vez que adquiren experiencia no ensino da lingua e cultura españolas.
Relación de prazas e requisitos específicos por país

Dotación: os Auxiliares de Conversación percibirán, con cargo aos presupostos do país de destino, en concepto de gastos de aloxamento e manutención, as cantidades que, a título orientativo, se indican no Anexo V. Estas axudas son compatibles con outras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Retribucións orientativas
Alemaña: 800 euros mensuais.
Australia: 1.400 dólares australianos mensuais.
Austria: 984,13 euros mensuais.
Bélxica: 832,24 euros mensuais.
Canadá: 1.000 dólares canadenses mensuais.
Estados Unidos: 1.000 dólares estadounidenses mensuais.
Francia: 775 euros mensuais en Francia, 1.070 en Güiana, 1.104 en Martinica e Guadalupe, 889 en Mayotte, 1.190 en La Reunión e 1.502 en Nova Caledonia.
Irlanda: 918 euros mensuais.
Italia: 725 euros mensuais.
Malta: 700 euros mensuais.
Nova Zelandia: 23,327 dólares neozelandeses para todo o ano académico.
Portugal: 700 euros mensuais.
Reino Unido: 859 libras mensuais.
Prazo: ata o 10 de xaneiro.
BOLSAS SANTANDER CRUE CEPYME PRÁCTICAS EN EMPRESA
Programa dirixido a complementar a formación dos estudiantes, acercándolles a realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderían facilitarlles a súa inserción laboral.
Importe: 600 euros/mes brutos. Puede ser complementada con calquer outra axuda que a empresa de destino queira ofrecer ó bolseiro.
Requisitos estudantes:
- Estar matriculado nunha Universidade española ou en centros adscritos á mesma.
- Estudantes de grao e master (oficiais e propios).
- Haber superado o 50 % dos créditos ou estar nos dous últimos cursos ou realizando o proxecto fin de carreira.
- Non mantener relación contractual coa universidade ou empresa onde realizará a práctica
Prazo: ata o 28 de febreiro de 2012
BOLSAS IBEROAMÉRICA MOZOS PROFESORES E INVESTIGADORES 2012
Programa dirixido a impulsar o Espacio Iberoamericano do Coñecemento. Estas bolas diríxense a profesores e investigadores en institucións de educación superior, e proporcionan apoio para realizar unha estancia de investigación nunha das universidades da Rede Global de Santander Universidades.
Prazo: ata o 19 de febreiro de 2012
100 BOLSAS DE INTRODUCCIÓN ÁI NVESTIGACIÓN PARA ESTUDANTES UNIVERSITARIOS, NO MARCO DO PROGRAMA «JUNTA PARA LA AMPLIACIÓN DE ESTUDIOS».
Finalidade:.As bolsas concédense en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade. O plan de traballo destas bolsas desenvolverase nos Centros ou Institutos, propios ou mixtos, do CSIC, baixo a dirección dos investigadores do seu equipo ou pertencentes aos Centros mixtos.
Beneficiarios: para alumnos que estean a realizar cursos intermedios dunha carreira Universitaria de grao superior (requisitos artigo 3).
Dotación: A contía total das bolsas será de 1.500 euros cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 euros para distancias iguais ou superiores. Para os efectos desta convocatoria considérase como lugar de residencia a localidade en que o solicitante estea empadroado no momento de solicitude da bolsa. (artigo 4)
Prazo: 11 de xaneiro.
PROGRAMA BOLSAS PRESTIXIO IEB-UNIVERSIA
• AUDITORÍA FINANCIERA Y RIESGOS
• CORPORATE FINANCE Y BANCA DE INVERSIONES
• DIRECCIÓN DE ENTIDADES FINANCIERAS (EXECUTIVE)
• GESTIÓN DE CARTERAS
• MERCADOS FINANCIEROS Y GESTIÓN DE ACTIVOS (ONLINE)
• OPCIONES Y FUTUROS FINANCIEROS
Prazo: ata o 31 de decembro de 2011.
10 AXUDAS A TESIS DOUTORAIS NO CENTRO NACIONAL DE BIOTECNOLOXÍA.
Obxecto: A convocatoria ten por obxecto a concesión de 10 axudas destinadas á obtención do título de Doutor nun período máximo de catro anos a desenvolver no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.
Beneficiarios:
A convocatoria está dirixida a estudantes españois e estranxeiros que finalizasen, con posterioridade ao 31 de outubro de 2008, os estudos universitarios que cualifican, segundo a lexislación española, para o acceso ás ensinanzas de terceiro ciclo ou aos estudos Oficiais de Postgrao. Os candidatos serán seleccionados exclusivamente en virtude dos seus méritos curriculares, ademais de superar favorablemente unha entrevista co Comité de Graduados e Investigadores do Centro sen que caiba ningunha discriminación positiva ou negativa.
As axudas non poderán ser concedidas a estudantes, investigadores ou doutorandos que desenvolvesen, á data da publicación desta convocatoria, o seu labor investigador no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC, xa sexa a través dun contrato laboral ou unha axuda de formación, durante máis de tres meses
Contía: Unha axuda anual por importe de 18.069,12 euros brutos durante os dous primeiros anos (período de bolsa) . Un salario bruto anual de 26.700,00 euros durante os anos terceiro e cuarto (período de contrato) distribuíndose en catorce mensualidades.
Unha dotación anual de 1.500 euros cada un dos dous anos de bolsa e de 1.700 euros cada un dos dous anos de contrato, para facer fronte aos gastos dos investigadores beneficiarios que se encontren directamente relacionados coa axuda, tales como a matrícula de doutorado, a inscrición e viaxes a congresos ou sesións formativas ou a subscrición a publicacións.
Prazo: ata o 17 de febreiro 2012.
5 BOLSAS NO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL
Obxecto: As bolsas, individuais, adscríbense ás Direccións da Área de Estudos e Análise e de Documentación, segundo a seguinte distribución e características:
Dirección da Área de Estudos e Análise: tres bolsas.
Bolsa E1: para titulados superiores universitarios en Economía, para a realización de estudos e traballos en materias propias da titulación en Economía.
Bolsa E2: para titulados superiores universitarios en Dereito, para a realización de estudos e traballos propios da titulación en Dereito.
Bolsa E3: para titulados superiores universitarios con preparación teórica específica en Xestión Editorial en ámbitos e contidos dixitais, para a realización de estudos e traballos de planificación e xestión de proxectos editoriais, multimedia e interactivos.
Dirección de Documentación: dúas bolsas.
Bolsa D1: para titulados superiores universitarios nas áreas de Ciencias da Información ou de Documentación, para a realización de estudos e traballos de desenvolvemento e mantemento de contidos nos «sitios» web do CES e confección de resumos de informes e noticias de prensa sobre o CES ou materias nas que é competente.
Bolsa D2: para titulados superiores universitarios en Documentación, para a realización de estudos e traballos de catalogación, clasificación e indexación de documentos, e mantemento de bases documentais e desenvolvemento de contidos nos «sitios» web do Consello.
Os estudos e traballos que se realicen polos bolseiros quedarán en propiedade do Consello Económico e Social.
Beneficiarios:
1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea ou nacionais dos países da Comunidade Iberoamericana de Nacións.
2. Titulación: poderán optar a estas bolsas os titulados superiores universitarios que obtivesen as titulacións sinaladas na base primeira con posterioridade a 1 de Xaneiro de 2006.
3. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en Centros españois non públicos deberán estar debidamente homologados.
4. Ter unha nota mínima de 1,5 sobre 4 nas cualificacións finais dos estudos que se aleguen.
Para a obtención da nota media utilizaranse as seguintes equivalencias numéricas: matrícula de honra =4; sobresaínte =3; notable =2; aprobado/apto/validado =1.
5. Non ter gozado durante máis de seis meses de bolsas similares no Consello Económico e Social.
6. Estar ao día no cumprimento de todas as súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
7. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das actividades.
Duración e contía:
As bolsas gozaranse dende o seu outorgamento polo Presidente do Consello Económico e Social ata o 31 de Decembro de 2012. A súa contía será de 10.972,80 euros brutos anuais, que se percibirán finalizado cada mes a razón de 914,40 euros mensuais, estando suxeitos ás retencións que procedan.
O Consello Económico e Social poderá, logo de resolución motivada, prorrogar as bolsas concedidas na presente convocatoria, sempre que as circunstancias do proceso formativo dos bolseiros así o aconsellen. Esta prórroga poderá realizarse para un máximo de dous períodos sucesivos de doce meses cada un e, no seu caso, revisar a contía no mes de Xaneiro do ano prorrogado, de acordo coas disponibilidades presupostarias do exercicio.
4 BOLSAS DE COLABORACIÓN COA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO INTERIOR
Convocar catro bolsas de colaboración para titulados superiores de calquera grao ou carreira universitaria. Os bolseiros colaborarán no estudo, entre outros, do ámbito comercial, a análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais, os procesos de formación de prezos, a proxección exterior da distribución comercial española e a análise comparada dos aspectos comerciais, fundamentalmente con países da UE.
Os traballos de colaboración desenvolveranse ao longo do ano 2012 cunha duración máxima de 10 meses, entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro, interrompéndose durante o mes de agosto. Os traballos realizásense nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio Interior do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en Madrid.
BOLSAS FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN NO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Convócanse 148 bolsas de formación e investigación en réxime de concorrencia competitiva, no Ministerio de Educación, das cales 20 serán de formación en observación e deseño de cualificacións profesionais, 9 en documentación e lexislación educativa, 26 en investigación e innovación educativa, 60 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación, 14 en área de documentación, biblioteca e arquivo e 19 en avaliación e estatísticas educativas.
BOLSAS PARA A COLABORACIÓN NAS OFICINAS DE TURISMO DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL TURISMO RÍAS BAIXAS | Deputación de Pontevedra
Bases xerais e convocatoria pública de catro bolsas de colaboración para a realización de prácticas nas oficinas de turismo do organismo autonómo local Turismo Rias Baixas da Deputación de Pontevedra.
Convocatoria BOP nº 205, martes 25 de outubro de 2011 | Prazo de presentación: 4 de novembro
O Instituto Cervantes convoca bolsas de formación e especialización, para o período 2012-2013:
- Catro bolsas para o Centro Virtual Cervantes e Informática.
- Catro bolsas para a Área Académica.
- Dúas bolsas para a Área de Recursos Humanos.
- Tres bolsas para a Área de Administración.
- Catro bolsas para a Área de Cultura.
- Unha bolsa para a Área de Planificación e Control de Xestión.
- Unha bolsa para o Gabinete de Dirección.Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil
- Tres bolsas para a Área de Patrocinio e Xestión Comercial
Requisitos: Posuír titulación universitaria de segundo ciclo ou grao. Ter rematado os estudos conducentes á obtención do título requirido, nos catro cursos académicos anteriores.
Cada unha das bolsas terá unha duración de doce meses. A dotación económica de cada bolsa será de 1.163,09 €
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de outubro de 2011.
Máis información | Convocatoria BOE nº250 Luns 17 Outubro 2011 | Instituto Cervantes
BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento de Galicia convoca as seguintes bolsas
- 5 bolsas formativas co obxecto de realizar estudos e traballos de carácter arquivístico, bibliotecario e documental. Requisitos das persoas solicitantes: ser licenciada en documentación ou diplomada en biblioteconomía e documentación.
- 1 bolsa para a realización de estudos e traballos sobre comunicación institucional: poderán solicitar a concesión da bolsa as licenciadas e os licenciados universitarios españois en facultades de Ciencias da Comunicación, ou de Ciencias Sociais e da Comunicación.
- 2 bolsas para a formación práctica de persoal informático: poderán solicitar a concesión da bolsa as persoas con licenciatura o
u diplomatura universitaria en informática.
- 1 bolsa para a formación práctica de persoal técnico de publicacións: poderán solicitar a concesión da bolsa aquelas persoas que posúan licenciatura universitaria en tradución e interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1.ª lingua ou lengua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en filoloxía galega.
- 1 Bolsa de xestión parlamentaria: licenciatura en ciencias políticas e da administración ou en dereito
As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2005-2006 ou en anos posteriores, o cal deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación das solicitudes.Requisitos:
Ter nada despois do 31 de decembro de 1981.
Ter un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
BOLSAS E AXUDAS PARA DESEMPREGADOS
Os desempregados que participan nos diferentes cursos e plans de formacións profesional para o emprego que organiza o INEM e as diferentes Comunidades Autónomas poden solicitar bolsas e axudas para realizar os cursos, ainda que estes sexan gratuítos.
Estas axudas podense solicitar para sufragar gastos de transporte, manutención, aloxamento, conciliación da vida laboral; ademais de existir unha bolsa especial para persoas discapacitadas.
As axudas, contías e requisitos son os seguintes:
Axudas ó Transporte:
- Transporte Público: Importe billetes (Máx. 1,5 €/día)
Requisitos:
• Billetes de transporte utilizados (sinxelo/abono/…)
• Asistencia a sesións presenciais de formación
• Demanda de emprego actualizada (inscripción de alta como desempregado)
- Transporte en Vehículo Propio: 0.19 €/Km./día
• Certificado de empadroamento actualizado
• Acreditación de falla de medios de transporte público entre el domicilio o el centro de formación.
Axudas á Manutención: Máx. 12 €/día
Requisitos:
• Xornadas de impartición partidas (mañan/tarde)
• Certificado de empadroamento actualizado
• Xustificantes do gasto por comida.
Axudas ó Aloxamento e Manutención: Máx. 80 €/día natural + Importe billetes (desplazamentos inicial/final)
Requisitos:
• Certificado de empadroamento actualizado
• Billetes de transporte
• Contrato arrendamento/factura de hospedaxe
• Xustificantes de gastos por manutención.
Axudas á Conciliación: 75% IPREM/diario (IPREM 2009=17,57 €) 75% = 13.18 €/d
Requisitos:
• Fillos < 6 años/familiares dependentes ata 2º grao
• Rendas < 75% IPREM
• Copia Libro Familia/doc. xustificativa grao parentesco con familiar dependente
• Documentación acreditativa do grao de dependencia do familiar atendido polo solicitante (informe sanitario de valoración do grao de dependencia, certificado de discapacidade se o houbese, etc.)
• Documentación acreditativa de que o familiar dependente está ó cargo do solicitante (certificado empadronamiento que integre tódalas persoas que conviven no domicilio, certificado do Centro de Servicios Sociais, resolución Programa Individual de Atención, etc.)
• Acreditación de ingresos de tódolos membros da unidade familiar, mediante copia completa do impreso de declaración da renda ou certificado de rendas expedido pola Axencia Tributaria.
• Certificado acreditativo da oficina de emprego de no haber rexeitado ofertas de traballo axeitadas nin de participación en actividades de promoción ou reconversión profesional (1 mes despois de esgotar prestación/subsidio).
Beca por Discapacidade: 9 €/día
Requisitos
• Certificado de discapacidade (IMSERSO o Adm. Competente)
A entidade está obrigada a informar sobre estas bolsas e, no seu caso, a entregar ó alumno as fichas de solicitude para as mesmas. Este impreso de solicitud ten carácter mensual, de modo que para as accions formativas que contemplen distintos meses nos seus períodos de execución deben presentarse tantas solicitudes como meses abrague o curso, sen necesidade de presentar repetidamente documentos vixentes ó longo de todo o curso (certificados de empadroamento, libro de familia, acreditación de rendas, etc.).
Prazo: As axudas e bolsas pódense solicitar durante todo o 2010. Os trabajadores desempregados participantes nas accións formativas poden presentar as solicitudes no prazo máximo dun mes dende a sua incorporación á acción formativa.
Máis información en: Fundación Tripartita
BOLSAS CON PRAZO ABERTO TODO O ANO
Programa Gaia | Prácticas no extranxeiro para universitarios. Máis información.
Programa Pasarela | Prácticas profesionais para titulados/as en F.P. de Grao Superior. Máis información.
Programa Optimus | Prácticas profesionais para universitarios.
Programa Citius | Iniciación profesional para universitarios.
Programa Leonardo-ADEIT | Prácticas en empresas europeas para universitarios. Máis información.
Programa Europeo de Intercambio de Empresarios e Emprendedores | Máis información.
Bolsas de iniciación profesional en empresas ou entidades de Galicia para proxectos medioambientais e/ou de innovación | Instituto de Desarrollo Caixanova, tlf. 986.120.072
Prácticas formativas en empresas e entidades |Fundación Universidade de Vigo. Máis información.
PROGRAMAS DE BOLSAS DA FUNDACIÓN OBRA SOCIAL “LA CAIXA”
225 becas para estudar en España, Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia.
PROGRAMA COLEXIOS DO MUNDO
Dirixida a estudantes españois de 4º de ESO ou 1º de bacharelato que queiran cursar os estudos finais do ensino secundario polo sistema de Bacharelato Internacional, nun dos Centros integrados na Fundación Colexios do Mundo Unido.
Os estudos convalídanse co bacharelato español. A convocatoria é para estudar nos colexios do Reino Unido, Canadá, Italia, Estados Unidos, China, Swazilandia, Noruega, India, Costa Rica, Bosnia-Herzegovina ou Singapur.
PROGRAMA MÁSTER E DOUTORADO EN EE.UU
Convoca 45 becas para cursar estudos en calquera universidade ou centro de ensinanza superior de Estados Unidos. Os estudos que se poden realizar son de Máster ou doutorado. Tamén se admiten proxectos de formación básica en investigación científica ou técnica.
PROGRAMA MBA EN CHINA E INDIA
Convoca 10 becas para graduados universitarios, licenciados e titulados superiores para cursar un Máster of Business Administration (MBA) en China e India.
PROGRAMA MÁSTER E DOUTORADO EN CANADÁ
Convoca 5 becas para cursar estudos en calquera universidade ou centro de ensinanza superior de Canadá. Os estudos son de Máster e doutorado. Tamén se admiten proxectos de formación básica en investigación científica ou técnica.
PROGRAMA DOUTORADO EN INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA
Financia 40 becas anuais para cursar un doutorado en investigación biomédica. Diríxense a estudantes de todo o mundo.
PROGRAMAS XORNALISMO EN PAÍSES IBEROAMERICANOS
A Obra Social “a Caixa” e a Fundación EFE convocan 15 bolsas destinadas a alumnos de último curso de Ciencias da Información (rama Xornalismo) de calquera universidade española para realizar dous anos de prácticas formativas. O primeiro ano, as prácticas realizaranse nas delegacións de Axénciaa EFE nas comunidades autónomas e o segundo ano, nas delegacións internacionais de Axénciaa EFE en Europa, países iberoamericanos, América do Norte, África e Asia.
BOLSAS UNIVERSIDADE DE VIGO
http://193.146.32.123:8080/GestorBecas/user/Becas.do?accion=tiposList