CREA E XESTIONA O TEU PROPIO NEGOCIO ONLINE. A TÚA TENDA EN INTERNET CON SHOPTODATE
INFORMACIÓN BÁSICA
Duración: 60 horas (formación online + material complementario).Audio: Si.
Requisitos para acceder ao curso: Ser traballador activo de Peme e autónomo
Temario Crea y Gestiona tu propia tienda online_2011 Preinscripcion A
Data de inscrición ata o 7 de maio
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS CURSO “ShopToDate”
O comercio electrónico está de moda. Demóstrano uns incrementos anuais de dous díxitos nas cifras de vendas. Así pois dispoñer dun sitio comercial propio na rede abre gran cantidade de oportunidades.
E iso tanto para os que fundan unha empresa coma para os que desexarían contar comercialmente con “un segundo punto de apoio” e consideren a tenda virtual como un complemento da tenda aberta ao público.
Crear un proxecto de tenda online cun equipo de deseño
- Inserir grupos de produtos
- Configurar os parámetros da tenda
- Publicar a tenda en Internet (hosting gratuíto por 3 meses)
- Xestión da tenda e das transaccións económicas realizadas napasarela de pagamentos, a través do software ShopToDate (gratuíto)
ÍNDICE DE CONTIDOS DO CURSO
Unidade 1: Planificación Comercial.
- Presentación
- Identificar a función de venda
- Coñecer ao cliente e ao mercado
- Establecer obxectivos comerciais
- Controlar a actividade comerciaL
- Síntese
- Conferencia: As Crenza
Unidade 2: Entrevista Comercia
- lIntrodución
- Preparar a entrevista comercial
- Acoller o cliente e detectar as súas necesidades
- Argumentar e debater obxeccións
- Pechar a venda e realizar o seguimento
- Síntese
- Conferencia: Os 10 erros máis frecuentes ao falar en público
Unidade 3: Calidade na Atención ao Cliente
- Introdución
- Posicionar a organización para a Atención ao Cliente
- Acoller o Cliente
- Ocuparse das necesidades do Cliente
- Xestionar as demandas do Cliente
- Síntese
- Conferencia: O importante de escoitar ben
Instrucións para a solicitude do curso: É necesario achegar a seguinte documentación:
> Preinscrición asinada.
> Cabeceira da última nómina para os traballadores de Pemes, para os autónomos: último recibo.
> Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras.
Enviar documentación escaneada a inma@ieuroconsulting.net ou fax ao 956320353 á A/a. de Inmaculada Pérez.
Todos os alumnos que finalicen cada curso, obterán ademais un Diploma coa imaxe institucional do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e do Fondo Social Europeo
—————————————————————————————-CURSOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑOL E GALEGO
Organiza: Ponlecaralturismo
CURSO GRATUÍTO NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA.
Ábrese o prazo de inscrición dun curso de preparación para o ingreso no Conservatorio Profesional de Música de Riveira, que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a preceptiva proba de acceso para cursar estudos oficiais neste centro no vindeiro 2012/2013.
Máis información na páxina web de Riveira.
————————————————————————————————
CURSOS DE NOVAS TECONOLOXÍAS PARA MULLERES EN RIANXO
O Concello de Rianxo vai realizar cursos de novas tecnoloxías para a busca e mellora de emprego nos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño.
Estes cursos están subvencionados pola Deputación da Coruña e son dirixidos a mulleres.
1. Iniciación á informática e a internet. 20h
2. Ofimática. 40h.
3.Redes Sociais para a busca de emprego e desenvolvemento profesional. 24h.
4. Iniciación de guía turística. 24 h.
Os cursos 1 e 2 van dirixidos concretamente a mulleres de entre 30 e 55 anos, o resto dos cursos non ten límite de idade.
Máis información e inscrición:
-Concello (Praza castelao s/n) Tlfn: 981860075
-Servizos Sociais Comunitarios (crta. de tanxil, 12) Tlfn: 981860061
Correo-e: igualdade@concelloderianxo.es
O prazo de inscrición remata o 19 de abril.
Hai límite de prazas.
Ficha inscrición informática [PDF]
Ficha inscrición guía turística [PDF]
——————————————————————————————-
Grupo Femxa le informa de la oferta formativa que FES UGT (Federación de Servicios de UGT), pone a disposición de todos los trabajadores del sector Oficinas y Despachos*. Todos estos cursos no tienen coste alguno ni para el trabajador ni para la empresa, ni para el trabajador ni para su empresa, debido a que están totalmente subvencionados con Fondos públicos y cofinanciados por el Fondo Social Europeo. Esto genera una elevada demanda de plazas, así que en el caso de estar interesados les animamos a realizar las preinscripciones lo antes posible.
Los cursos se realizan a través de Internet por lo que los alumnos podrán beneficiarse de una formación a su propio ritmo y con total flexibilidad de horarios, ya que la plataforma se encuentra disponible 24 horas al día. Es necesario disponer de una conexión a Internet (cable, ADSL, RDSI) y poseer unos conocimientos básicos sobre el manejo de equipos informáticos e Internet.
La documentación necesaria para formalizar la matrícula es la siguiente:
DNI (fotocopia ambas caras)
Tarjeta sanitaria (fotocopia)
Cabecera de la última nómina (incluyendo período de liquidación)
Recibo de autónomos (con copia de alta de IAE)
Dicha documentación ha de ser enviada a Grupo Femxa antes de las fechas de matricula indicadas a continuación:
Fecha límite de matricula: INMEDIATA
Fecha inicio del curso: MARZO 2012
Asimismo, deberán cumplimentar la ficha de Solicitud , siendo importante que incluya un número de teléfono móvil para facilitar el contacto. Esta documentación la podrá remitir por fax al 986 494 120 (Att.: Lidia Montenegro)o bien por correo electrónico a la siguiente dirección: lmontenegro@femxa.com
Tlf. 900 100 957 o en atencionalumno@femxa.com.
*Estos cursos sólo estarán disponibles para trabajadores de determinados Cnaes de Oficinas y despachos. Por ello validaremos todas las preinscripciones recibidas antes de proceder a la matriculación.
PLAN DE FORMACIÓN PARA A EXCELENCIA TURÍSTICA DE GALICIA.
|
Listados de cursos ( pincha en cada un para ver as características):
• INNOVACIÓN EN LOS SERVICIOS TURÍSTICOS
• EXCELENCIA EN LA GESTIÓN TURÍSTICA
• E-MARKETING TURÍSTICO [INICIACIÓN]
• GESTIÓN DE PEQUEÑOS ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS
• ENOTURISMO Y TURISMO GASTRONÓMICO
• CLAVES DE LAS AGENCIAS DE VIAJES EN EL NEGOCIO ON-LINE
• TURISMO ACTIVO Y TURISMO DE NATURALEZA
• GESTIÓN Y RENTABILIZACIÓN DEL TURISMO RURAL
• EFICIENCIA, AHORRO Y GESTIÓN DE COSTES
• DISEÑO DE PRODUCTOS PARA NUEVOS SEGMENTOS INTERNACIONALES
• REDES SOCIALES Y MARKETING ON-LINE. SECTOR ALOJAMIENTO [AVANZADO]
• DESARROLLO DE NUEVAS EMPRESAS: PUESTA EN MARCHA Y CRECIMIENTO
XORNADA TÉCNICA DO IGAPE SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN E INCENTIVOS Á INNOVACIÓN DAS PEMES
Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través
do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 21 DE MARZO, a partir das 18 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra – CEP. Avda. García Barbón, 104 -
VIGO.
Neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas
e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.
Para asistir á Xornada Técnica inscripción na CEP:
http://www.cep.es/comunicacion/hoja_inscripcion.doc ( http://www.cep.es/comunicacion/hoja_inscripcion.doc )
Teléfonos de contacto: 986 439 611 ou 902 300 903
Contido: Nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo. Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancais, etc; ademais dos contido teóricos, tamén haberá prácticas sobre o terreo.
Lugar: Ourense. Datas : do 17 ó 18 de marzo.
Organizador: Amigos da Terra.
Data de inscrición: Antes do 12 de marzo de 2012.
___________________________________
Programa de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2012
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos do Plan de Formación 2012 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Si traballas coa xuventude ou o voluntariado e queres ampliar a túa formación, bótalle unha ollada a este plan.
Máis información SIAX de Rianxo
_____________________________________________
Programa de Inmersión lingüística 2012
Axudas para realizar actividades de inmersión lingüística, destinadas a alumnos de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclo Formativo de Grao Superior.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril.
Se desexas máis información pincha aquí ou pásate pola Oficina de Información e Animación Xuvenil do Concello (mércores, xoves e venres de 11 a 14 h., e de martes a venres de 16 a 20 h.).
_______________________________________________________
PROXECTO AULA DE LINGUAS VIVAS
Proxecto que pretende a adquisición de destrezas comunicativas en distintas linguas estranxeiras: inglés, francés e alemán. A aprendizaxe do idioma realizarase mediante unha metodoloxía baseada na educación informal.
O proxecto se divide en dúas actividades:
A. Talleres “Aula de Linguas Vivas”
Modalidades:
A. 1 TALLER DE INGLÉS / Nivel básico e nivel intermedio.
A. 2 TALLER DE FRANCÉS / Nivel básico
A. 3 TALLER DE ALEMÁN / Nivel básico
A. 4 CASTELÁN PARA ESTRANXEIROS / Nivel básico
A. 5 GALEGO PARA ESTRANXEIROS / Nivel básico
Todos os talleres de aulas vivas cumpren as seguintes condicións:
*duración: 2 horas semanais dende marzo ata xuño
*datas dos cursos: Comezo 12 de marzo
*lugar: Centro Social de Boiro
*inscricións: a partir do 2 de marzo(no Centro Social de Boiro)
*prezo: 35 € por curso (45€ prezo con acceso á ludoteca)
B. Ludoteca en inglés
Modalidades:
1º ciclo primaria(6 a8 anos)
2º ciclo primaria(9 a10 anos)
3º ciclo primaria(11 a12 anos)
*duración: 1 horas semanais dende marzo ata xuño
*datas dos cursos: Comezo 12 de marzo
*lugar: Casa da Cultura
*inscricións: a partir do 2 de marzo(no Centro Social de Boiro)
PREZO: 15 € (*Os asistentes aos talleres aulas de linguas vivas dispoñen de outra tarifa)
_______________________________________________________
Curso sobre condución de vehículos todoterreo
Curso de 20 horas lectivas e 20 prazas ofertadas por edición.
* Temario:
– O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
– Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas).
– Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
– Accesorios e mantemento do vehículo.
– Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
Práctica: 16 horas de prácticas de condución en circuíto.
* Desenvolvemento da actividade, lugares e datas
Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
1.º Semestre.
| Edición | Datas | Horario |
| 1.ª | 11, 12 e 13 de maio | Venres pola tarde e sábado e domingo todo o día |
| 2.ª | 14, 15 e 16 de maio | Os primeiros dous días, mañá e tarde, e o último, só pola mañá |
| 3.ª | 16, 17 e 18 de maio | Os primeiros dous días, mañá e tarde, e o último, só pola mañá |
| 4.ª | 18, 19 e 20 de maio | Venres pola tarde e sábado e domingo todo o día |
| 5.ª | 13, 14 e 15 de xuño | Os primeiros dous días, mañá e tarde, e o último, só pola mañá |
| 6.ª | 15, 16 e 17 de xuño | Venres pola tarde e sábado e domingo todo o día |
2.º Semestre.
| Edición | Datas | Horario |
| 7.ª | 19, 20 e 21 de outubro | Venres pola tarde e sábado e domingo todo o día |
| 8.ª | 22, 23 e 24 de outubro | Os primeiros dous días, mañá e tarde, e o último, só pola mañá |
| 9.ª | 24, 25 e 26 de outubro | Os primeiros dous días, mañá e tarde, e o último, só pola mañá |
| 10.ª | 26, 27 e 28 de outubro | Venres pola tarde e sábado e domingo todo o día |
Curso sobre busca e salvamento en montaña e zonas illadas
Curso de 20 horas lectivas. 15 prazas ofertadas
* Temario:
– Xeneralidades.
– Coordinación do socorro.
– Protocolos de busca. Distribución de tarefas.
– Orografía e cartografía.
– Lectura e interpretación de mapas.
– Principios básicos de orientación e utilización do compás.
– Métodos de busca de persoas desaparecidas.
– Busca en situacións especiais.
– Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso.
– Axentes agresores na montaña.
– Actuacións en situacións de risco vital.
– Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados.
– Consellos prácticos para a prevención de accidentes.
* Desenvolvemento e horarios da actividade.
1.º semestre:
| Edición | Lugar | Datas |
| 1.ª | Provincia de Lugo | 12 e 13 de maio |
| 2.ª | Provincia de Ourense | 19 e 20 de maio |
| 3.ª | Provincia da Coruña | 26 e 27 de maio |
| 4.ª | Provincia de Pontevedra | 2 e 3 de xuño |
| 5.ª | Agasp | 9 e 10 de xuño |
| 6.ª | Agasp | 16 e 17 de xuño |
2.º semestre:
| Edición | Lugar | Datas |
| 7.ª | Provincia da Coruña | 15 e 16 de setembro |
| 8.ª | Provincia de Pontevedra | 22 e 23 de setembro |
| 9.ª | Provincia de Lugo | 29 e 30 de setembro |
| 10.ª | Provincia de Ourense | 6 e 7 de outubro |
| 11.ª | Provincia da Coruña | 13 e 14 de outubro |
| 12.ª | Provincia de Pontevedra | 20 e 21 de outubro |
O lugar concreto de realización das edicións distribuídas por provincias determinarase en función das solicitudes recibidas.
* Horario: sábado e domingo das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 21.00 horas.
Curso de intervención en emerxencias en torres eólicas
Curso presencial de 21 horas lectivas. 15 prazas ofertadas.
* Temario:
- Uso e evacuación de elevadores de servizo.
- Extinción de incendios en aeroxeradores.
- Evacuación. Descensor de aeroxeradores.
- Primeiros auxilios.
- Rescate en vertical. Tubo. Nacelle. Escaleira.
* Lugar de celebración
Vanse realizar dúas edicións nas instalacións da Agasp (avda. da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra) e outras dúas edicións descentralizadas noutras localidades de Galicia.
A localización concreta das edicións descentralizadas confirmarase coa suficiente antelación ao seu inicio.
* Datas:
– Edicións na Agasp:
| 1.ª edición | 7 e 8 de maio |
| 2.ª edición | 9 e 10 de maio |
– Edicións descentralizadas:
| 3.ª edición | 14 e 15 de maio |
| 4.ª edición | 17 e 18 de maio |
* Horario: mañá e tarde.
CURSOS DE FORMACIÓN NO EIDO DO TEMPO LIBRE
Os cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral; terán preferencia aquelas persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre
no momento de realizar a solicitude (www.xuventude.net)
Podedes descargar toda a información sobre a oferta de cursos e os requisitos/documentación necesaria para a matrícula.
Máis información no 981 957 057 / www.xuventude.net
CURSOS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
- Descarga o Plan de Formación 2012
- Descarga o Plan de Formación para a Rede Galega de Información e D.X. 2012
- Descarga o Plan de Formación no eido do Tempo Libre 2012
- Descarga o Plan de Formación para o Programa Activa 2012
- Descarga o Plan de Formacióna Para os Espazos Xove da Rede Galega 2012
- Descarga o Plan de Formación para o Centro Quérote+ 2012
- Descarga o Plan de Formación de Voluntariado 2012
Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego da USC.
II PROGRAMA DE EMPREGA TALENTO PARA O ACHEGAMENTO DOS MOZOS E MOZAS AO MUNDO DIRECTIVO
Enmarcado no proxecto Emprende, o vindeiro 28 de febreiro desenvolverase o segundo proxecto de Emplea talento no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas – Ourense), organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración con APD (Asociación para el progreso de la dirección).
O prazo de inscrición estará aberto desde o 9 ata o 24 de febreiro e as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo.
Co programa Emplea talento preténdese unir baixo un mesmo abano a estratexia da administración pública, neste caso da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e de diversas empresas, como o caso de APD, para que o talento da xente moza quede no territorio da nosa comunidade autónoma, ofrecendo á xuventude unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos proxectos empresariais e o espíritu emprendedor dos mozos e mozas da espazo transfronteirizo.
Cartel: EmpleaTalento-PAGS
CURSO “XESTOR PARA A EFICIENCIA 2012”
- Curso de 120 h on-line para a formación de profesionais en materia de eficiencia enerxética.
- Organizado polo Inega para promover o uso eficiente da enerxía.
- Prazo de inscrición do 6 ao 26 de febreiro. Se vostede aínda non realizou ningún curso, deberá rexistrarse na plataforma facilitando un usuario e contrasinal, cubrindo o resto de campos obrigatorios. O día 27 de febreiro publicarase a lista provisional de admitidos nesta páxina web, debendo proceder ao pago da matrícula no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte a esa data. Máis información no documento de características do curso.
- Debido ao elevado número de inscricións recibidas, as novas solicitudes quedarán en lista de espera.
- Inscricións e acceso ao curso: www.apps.inega.es/formacion
- Nota: A plataforma de teleformación envía correos electrónicos aos usuarios para confirmar a validez dos seus enderezos de e-mail ao realizar a inscrición. A veces hai demoras na entrega ou filtros de spam que fan que os correos non cheguen aos seus destinatarios. En calquera caso, isto non altera a orde de inscrición, que se basea nun autonumérico secuencial creado no momento de introducir os seus datos persoais.
- Características do curso
- Custo: 50 €.
Organizado pola Asociación Boirense de Empresarios en colaboración co departamento de cultura do concello de Boiro.
Pecha Kucha diferenciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, sen dubida unha potente dose de creatividade comprimida.
Esta xornada poderíase titular ” A innovación empresarial asociada á creatividade” preténdese :
- Amosar que a creatividade potencia a economía e o desenvolvemento local.
- Dar a coñecer ao tecido empresarial e cultural do Barbanza iniciativas emprendedoras que souberon conxugar INNOVACIÓN + CREATIVIDADE +CULTURA + EMPRESA.
Celebración: Xoves 9 de febreiro ás 20:30 h , na sede da Asociación Boirense de Empresarios.
SESIÓNS FORMATIVAS SOBRE AS SUBVENCIÓNS: XESTIÓN, XUSTIFICACIÓN E CONTROL.
Destinatarios: ao persoal directivo e aos xestores das entidades non lucrativas da Provincia (asociacións, clubs deportivos, fundacións, corporacións representativas de ámbitos empresarais ou profesionais).
Inscrición: a través da páxina web da Deputación www.dicoruna.es, indicando expresamente a edición a que desexan asistir.
Tlf. 981 080300, extensión 4423. Correo electrónico cursosubvencions2012@dicoruna.es
Lugar: localidades de A Coruña, Betanzos, Ribeira, Santiago, Ortigueira, Ferrol, Cee, Noia, Melide e Carballo.
CURSOS DO CENTROS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA DA UNED
- Curso online sobre Financiación e aspectos legais da internacionalización dixital da PYME
Curso gratuito. Do 13 de febrero ó 11 de marzo. Máis información.
Alumnos: so traballadores de pymes e autónomos.
- 6 e 15 de marzo
Centro de Pontevedra (Aula Lalín)
Inglés para fines específicos: Inglés turístico.
- 17 e 28 de febreiro
Centro de Pontevedra (Aula Tui)
Inglés para fines específicos: Inglés turístico.
- 2 e 9 de marzo
Centro de A Coruña (Aula Ferrol)
Programa Aulas- Campus Noroeste: “Curso de inglés empresarial”
- 25, 26 e 27 de xaneiro
Comunicación y Resolución de Conflictos en la Familia. Relación Familia-Escuela
- 26 e 27 de xaneiro
“Las villas y ciudades medievales” (Aula de San Andrés del Rabanedo)
- 26 de xaneiro
Centro de A Coruña (Aula Ferrol)
- 27 xaneiro e 3 de febreiro
“La Historia y la Mitología a través del Arte” (Aula de La Bañeza)
- 3 e 10 de febreiro
Autorrealización, Desarrollo y Crecimiento Personal (Aula de San Andrés del Rabanedo)
- 22 e 24 de febreiro
Centro de A Coruña (Aula Ferrol)
- 29 febreiro ó 30 de abril
“Comunicación en Lengua de Signos” (Nivel 2)
- 2, 9, 16, 23, 30 marzo
“Evolución del Arte Gótico en la Baja Edad Media”
- 7 e 9 de marzo
Centro de Pontevedra (Aula Tui)
Conocer y dominar la memoria: como recordarlo todo.
- 9 e 10 de marzo
Terapia Gestalt, una terapia humanista, una escuela de vida.
- 14 e 22 de marzo
Centro de A Coruña (Aula Ferrol)
- 20 e 27 de marzo
Centro de Pontevedra (Aula Lalín)
- 13 e 20 de abril
Centro de A Coruña (Aula Ferrol)
Programa Aulas- Campus Noroeste: “El Arte Paleolítico”
- 4 e 11 de maio
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA NOCTURA
Organiza: Olláparo.
Descrición:
- Material e equipo técnico; uso do trípode e opcións do flash. ISO ,sensibilidades.
- Representación do movemento, posibilidades creativas. Fotos de tráfico nocturno, feiras de atraccións, fogos artificiais. Fotos de escenario.
- Pintar con luz : exercicio de experimentación gráfica, fotos lúdicas.
Condicións:
- Horario: Luns de 20 a 21´30 h. Centro Social de BOIRO.
- Duración: 9 horas repartidas en 6 clases.
- Inicio: xaneiro 16-23-30 , febreiro 6-13-20
- Prezo: 40 euros
O Concello de Riveira organizará durante os días 24 e 25 de xaneiro un Obradoiro de Busca Activa de Emprego.
Esta acción de carácter gratuíto desenvolverase na Aula Multimedia de Riveira en horario de tarde (de 16.30 a 20.30 horas) e está aberto a todas aquelas persoas que desexen aprender como hai que enfrontarse a unha entrevista de traballo.
A psicóloga Cándida Rodríguez Ferro será a encargada de impartir as clases ante un aforo limitado.
As persoas que estean interesadas en participar poden anotarse na Oficina de Desenvolvemento Local situada na primeira planta da Casa do Concello (teléfono: 981 835 417). O prazo de inscrición finaliza o 20 de xaneiro.
CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA
CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL EN RIVEIRA
Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados.
As clases estenderanse dende o 30 de xaneiro ata o 4 de abril e os
interesados en anotarse poderán facelo na Aula Multimedia de Riveira (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición expira o 27 de xaneiro.
Realizaranse nas 6 parroquias, véxase o calendario.
CELGA 2012 en Riveira
Inscrición ata o 30 de xaneiro nas dependencias municipais, ou por medio do envío da folla de inscrición cuberta a este mesmo correo electrónico.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira informa de que o prazo de inscrición para asistir aos cursos gratuítos preparatorios dos exames CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permanecerá aberto ata o día 30 de xaneiro.
Data prevista de comezo dos cursos preparatorios CELGA: 26 de marzo de 2012.
Duración: 75 horas.
Horario: 20.30 a 22.30 h de luns a xoves.
Información e inscrición:
Servizo de Normalización Lingüística
Praza do Concello S/N
15960 Riveira
Tel.: 981835417
normalizacion@riveira.com
Cursos de informática do Concello de Boiro ( Rede CEMIT)
CURSOS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO.CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DA CORUÑA
Para cualquer dúbida contactade coa CEC a través do tlf 902300981
|
Usuarios: traballadores en activo, 100 % subvencionado.
Datos:
Duración 130 horas
Fecha de Inicio: 27-01-2012
Fecha de Finalización: 20-04-2012
Lugar de impartición: Confederación de Empresarios de La Coruña. – Francisco Vales Villamarín, en º 24-26, Baixo,A Coruña
(El curso consta de 15 h. presenciais e 115 h. teleformación)
|
Coordinador en Materia de Seguridade e Saúde en Obras de Construción.
Formación gratuita.
Organiza: Fundación Laboral da Construción.
Modalidade: Mixto (200h presenciais+19h distancia)
Horas: 219
Localidade: Teo (FLC: A Poboa 16 – 15883)
Período: 13 de xaneiro de 2012 ao 28 de abril de 2012
Horario presencial: Venres de 16:00 a 22:00 horas e Sábados de 09:00 a 15:00 horas
Titorías de distancia: Do 16 ao 18 de abril de 09:00 a 14:00 horas. o día 19 de abril de 09:00 a 13:00 horas.
Documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Fotocopia compulsada do D.N.I.(*)
-Fotocopia compulsada da titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de coordinador que serán as de arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico. (*)
- Cabeceira da nómina ou tarxeta de demandante de emprego.
Oferta de cursos E-Learning subvencionados polo Plan Avanza2 (Celticsa Consultoría & Formación)
- Plan de carrera Microsoft technical: Certificación IT Windows Server 2008, Diseño, Administración, instalación y soporte a Sistemas Operativos en plataformas Microsoft
- Plan de carrera Microsoft technical: Certificación desarrollador y diseñador de aplicaciones empresariales con Visual Studio 2010
- Formación de experto en el ciclo de vida de la seguridad en las comunicaciones y en la información
- Gestión de Calidad de Servicios TI – ISO/IEC 20000
- Gestión eficiente de la comunicación Online en la pyme para el desarrollo de comunidades efectivas y posicionamiento SEO
- Certificación IT Windows Server 2008 para la gestión. Administración y soporte de redes en la Pyme en entornos Microsoft
- Certificación en Inteligencia de Negocios en la Pyme: Diseño, administración y gestión de la información de negocio en la Pyme mediante las herramientas SQL Server 2008, integración de servicios
Máis información, programas e preinscripción
—
CURSO DE REHABILITACIÓN E REVITALIZACIÓN URBANA EN GALICIA: DA CONSERVACIÓN DOS CASCOS HISTÓRICOS ÁS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NOS BARRIOS POPULARES.
Destinatarios: Empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema Universitario de Galicia relacionados co urbanismo e a rehabilitación; estudantes universitarios.
Baremación: Este curso valorarase con 0,40 puntos a aqueles/as alumnos/as que foren considera¬dos aptos/as á súa finalización e, por tanto, teñan dereito a certificado de aproveitamento.
Obxectivos:
• Transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites.
• Dar a coñecer unha metodoloxía exitosa para a realización das memorias-programa para a petición de ARI (áreas de rehabilitación integral).
• Mostrar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación para lograr que se poidan levar a cabo con éxito, tanto desde unha perspectiva de protección patrimonial como das solucións ás problemáticas nas vivendas que necesitan rehabilitación.
• Coñecer principios básicos dos sistemas de información xeográfica para o seu emprego como ferramenta para a elaboración das memorias-programa e na xestión da rehabilitación.
• Transmitir criterios baseados na experiencia para a elaboración de ordenanzas e ba-ses de axudas públicas para a revitalización e rehabilitación de áreas urbanas.
• Coñecer os programas de rehabilitación e renovación existentes no Estado e transmi-tir coñecementos de como se están a dar este tipo de intervencións en diferentes países europeos.
• Coñecer exemplos exitosos de intervención e de organismos que xestionan esas inter¬vencións.
Prazo: ata o 9 de xaneiro
CURSOS DA D.X DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO A TRAVÉS DOS CENTROS QUÉROTE+
Curso de formación de mediadores/as en educación na diversidade funcional (Carballo)
Destinatarios/as: Persoal de Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, así como universitarios/as.
Nº de horas: 20. Nº de prazas: 20
CONTIDOS:
1.Diversidade funcional
- Presentación dos servizos dos Centros Quérote+
- Diversidade funcional: clarexando conceptos
- Cada vez mais presentes pero aínda grandes ausentes
- Mitos e lendas sobre a diversidade funcional
2.Diversidade funcional e sexualidade
- Visión e actitudes
- Sexualidade e diversidade
- Dereitos sexuais e reproductivos
- Experiencias dos centros Quérote+
- Ferramenta de traballo e resolvendo casos
3.Diversidade funcional e convivencia
- Seres sociais, seres relacionais
- Posibilidades relacionais
- A mediación na diversidade
- Experiencias dos centros Quérote+
- Ferramentas de traballo e resolvendo casos
4.Diversidade funcional e uso das tecnoloxías
- Tecnoloxías da información e da comunicación
- Un mundo sen barreiras
- Posibilidades e usos das TIC
- Experiencias dos centros Quérote+
- Ferramentas de traballo e resolvendo casos
Lugar: Carballo (A Coruña)
Datas de realización: 13 e 14 de decembro de 2011
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19 h.
| Curso de Formación en intervención afectivo-sexual no Espazo Xove ( Casa da Xuventude) de Pontedeume |
| Xoves, 01 Decembro 2011 00:00 |
| A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca un curso de Formación en intervención afectivo-sexual na Casa da Xuventude de PontedeumeDestinatarios/as:Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e persoas maiores de idade que traballen ou sexan voluntarios en acción coa mocidade Nº de horas: 20 Nº de edicións: 1 Nº de prazas: 25Contidos:• Presentación dos Servizos dos Centros Quérote+.• Conceptos Sexolóxicos• Educación afectivo -sexual formal e non formal • Educación afectivo- sexual para pais/nais • Edución afectivo -sexual e diversidade funcional • Métodos de protección, Infeccións de Trasmisión Sexual, probas rápidas de detección de VIH • Recursos da Comunidade autonómicaModalidade: SemipresencialLugar de impartición: Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Pontedeume prazo de inscrición: do 1 ao 31 de decembro de 2011, data de realización: 18 e 25 de xaneiro e 1 e 8 de febreiro de 2012 de 17:00 a 20:00 e un traballo a distancia de 8 horasInformación:Teléfono Casa da Xuventude de Pontedeume 981430267 de luns a venres de 16:00 a 21:00 ou no mail: cxpontedeume.traballo@xunta.es Teléfono Centro Quérote+ 881997612 de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de16:30 a 19:30, ou no mail: noa.tilve@querote.orgSOLICITUDE E FORMULARIO |
PROGRAMA RE-ACCIONA: XORNADA DE PRESENTACIÓN DA OFERTA DE DIAGNÓSTICOS DE COMPETITIVIDADE GRATUÍTOS
O próximo 20 de decembro, en Santiago de Compostela, terá lugar unha xornada de presentación da oferta de 20 diagnósticos de competitividade como experiencias piloto do programa Re-Acciona do IGAPE.
Este programa comezará durante o ano 2012 despregando un conxunto amplo de solucións baseadas na profesionalización da organización e a mellora do capital humano.
Como paso previo ao lanzamento do programa, as PEMEs xa poden solicitar a realización dun diagnóstico competitivo sen custo. Mediante unha metodoloxía aberta, baseada na interacción con facilitadores
de ampla experiencia no desenvolvemento estratéxico, a empresa poderá coñecer con exactitude en qué posición competitiva se atopa e detectar xa un conxunto de medidas para aplicar a curto prazo.
A xornada de presentación desta oferta terá lugar no Hotel “Puerta del Camino”, c/ Miguel Ferro Caaveiro (San Lázaro), Santiago de Compostela
ESCOLA DE NAIS E PAIS EN RIANXO
O vindeiro luns 28 de novembro ás 9:30 da mañá comeza a Escola de Nais e Pais que pon en marcha o Concello de Rianxo.
A actividade está subvencionada pola Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde. En colaboración o C.R.A. de Rianxo
as Concellerías de Deporte e Sanidade (Unidade de prevención de drogodependencias), a Concellería de Servizos Sociais
e a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística.
A Escola de Nais e Pais comezará o luns 28 de novembro ás 9:30 no Centro Sociocultural-Auditorio.
Continuará o 5, 12 e 19 de decembro; o 9, 16, 23 e 30 de xaneiro para rematar o 6 de febreiro.
ACTIVIDADES NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO
Cursos de música por ordenador Contidos: Efectos de gravación de instrumentos e voces Edicion e automoción Samplear e secuenciar Hardware e Software
Lugar: Centro Social de Boiro Datas: A Concretar
Inscricións e información: cheagp@hotmail.com omix@boiro.org 981842635
Cursos de Fotografía: Foto-noite Taller teórico-práctico de fotografía nocturna pensado para resolver situacións de pouca luz, adaptándose a calquer tipo de cámara, tanto analóxica e dixital.
Lugar: Centro Social de Boiro Horario: Luns de 20 a 21.30h Datas: 16-23-30 xaneiro e 6-13-20 febreiro Inscricións e información: m.casanova@telefonica.net omix@boiro.org 981842635
Cursos de alemán: nivel iniciación e continuidade Lugar: Centro Social de Boiro Horario: Iniciación_Martes de 17h a 19h Continuidade_Martes de 19h a 21h
Datas: comezo o 17 de xaneiro(duración trimestral)
Inscricións e información: cheagp@hotmail.com omix@boiro.org 981842635
OBRADOIRO DE ARTE FLORAL E DE COCIÑA/ REPOSTERÍA DE NADAL EN RIVEIRA
A Concellería de Cultura e Festexos, que dirixe Elvira Pisos Arnoso, dentro da programación do NADAL CULTURAL DE RIVEIRA 2011/2012 vai por en marcha un OBRADOIRO DE ARTE FLORAL ESPECIALIZADA NO NADAL no que se levarán a cabo a realización de adornos típicos, coroas, centros, nacementos, figuras… con flores frescas, secas, artificiais, materiais de refugallo, etc. Comezará o luns 19 e prolongarase ata o o xoves 22 de decembro de 18 a 21 h cunha duración total de 12 horas formativas, dirixido a persoas maiores de 15 anos. Ten 25 prazas.
Tamén se porá en marcha un OBRADOIRO DE COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL que terá lugar do 20 ao 23 de decembro de 19:30 a 22:00 h, dirixido a maiores de 15 anos e con 25 prazas e un total de 10 horas formativas. Neste obradoiro os participantes aprenderán a realizar todo tipo de platos, sobremesas, aperitivos, postres, doces e entrantes típicos destas datas e da cociña tradicional galega asi como trucos de cociña e repostería, decoración de mesas… dende unha perspectiva da corresponsabilidade familiar a igualdade de xénero.
O prazo de inscrición para os dous obradoiros comezará mañá martes 13 de decembro no Auditorio de Riveira de 10 a 14 horas ata o xoves 15 –no caso de non cubrir as prazas poderánse inscribir participantes ata comezar os obradoiros-, tamén poderán inscribirse por email aculturaefestexos@riveira.com ou no teléfono 981 835650. Terán prioridade os empadroados no Concello de Riveira e a admisión será por rigurosa orde de inscripción; o venres 16 publicarase o listado de admitidos no auditorio de Riveira e na web municipal.
CURSO DE CATAS DE VIÑOS GALEGO NA POBRA DO CARAMIÑAL
Tenda Escola Deán. Datas: 12,13,14,15 de decembro ás 16:30. Tfl 699116776
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS NO DOMICILIO
(Baseado nos obxectivos e contidos do certificado de profesionalidade -RD 1379/2008, da 1 de agosto-)
O Certificado de Profesionalidade é o documento que permite acreditar de forma oficial que se conta cos coñecementos e habilidades necesarios para o desenvolvemento dunha actividade laboral, é dicir, que se está cualificado. Trátase dun certificado oficial e con validez en todo o territorio nacional, con independencia da Comunidade Autónoma que o expida.
Este curso prepárate para a obtención do Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio a través do procedemento de recoñecemento da experiencia profesional
INICIO: 28 XANEIRO 2012
DURACION: 480 HORAS PRAZAS LIMITADAS!
PROGRAMACION:
1.Hixiene e atención sanitaria domiciliaria -170 horas
2.Atención e apoio psicosocial domiciliario -210 horas
3.Apoio domiciliario e alimentación familiar -100 horas
METODOLOXÍA
Este curso desenvólvese na modalidade semipresencial. Para iso, o/a alumno/a, o dia de inicio do curso, recibirá o material necesario para o estudo e desenvolvemento de actividades. Así mesmo, recibirá o calendario coas datas das clases presenciais, que son de asistencia obrigatoria.
Ao longo do curso, o/a alumno/a dispoñerá do apoio e asesoramento dun docente especializado en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Ademais, tamén contará un titor para asesoralo de cara a futuros procesos de acreditación de competencias.
As clases presenciais teñen caracter obrigatorio e impartiranse os sábados de 10:00 a 14:00 en Santiago de Compostela.
DESTINATARIOS
* Traballadores/ás de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
* Persoas con formación non formal e/ou experiencia laboral no ámbito de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
* Persoas interesadas en dedicarse profesionalmente á atención sociosanitaria.
AVALIACIÓN
Para aprobar o curso é necesario superar con éxito todas as tarefas establecidas polo docente. Así mesmo, é necesario asistir e participar activamente nas clases presenciais propostas.
MAIS INFORMACION . Tlf 981 558 374
CURSO: PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO: PEÓN DE ALMACÉN PARA EMPRESAS DO SECTOR DA LOXÍSTICA E DA INDUSTRIA EN XERAL
Organiza: Asociación Empresarial de Transporte de Mercancias por Carretera de Galicia APETAMCOR
Destinatarios:
· Persoas con discapacidade.
· Persoas inmigrantes.
· Mulleres (especialmente, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia).
· Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
· Persoas desempregadas de longa duración (especialmente, os maiores de 45 anos con baixa cualificación).
· Menores de 30 anos (especialmente, aqueles que posúan baixa cualificación).
Datas
· Proceso de selección de participantes ata o 12 de decembro
· Desenvolvemento acción formativa (105 h): Decembro, Xaneiro e Febreiro
· Proceso de orientación e acompañamento na procura de emprego: Marzo e Abril
Lugares:
· Ourense (Pol San Cibrao das Viñas)
· Porriño (Pol. A Granxa).
· Cangas.
· Ribeira.
· Santiago de Compostela.
Máis información e inscricions:
APETAMCOR PORRIÑO: Polígono Ind. A Granxa Edif. Serv. Zona Franca (Parc.256) local 1 – 36475 O PORRIÑO (PONTEVEDRA) Tlf. / Fax: (+34) 986 342 233 | E-mail: area.vigo@apetamcor.com
APETAMCOR OURENSE: Rúa 7b Polígono Industrial San Cibrao das Viñas – 32901 SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE) Tlf.:(+34) 988 254 200 / Fax: (+34) 988 384 889 | E-mail: laboral@apetamcor.com
APETAMCOR SANTIAGO DE COMPOSTELA: Costa de San Marcos, 3 – baixo – 15820 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) Tlf. / Fax: (+34) 981 574 922 | E-mail: santiago@apetamcor.com
XORNADA: “SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA”
Organiza: Fundación Ferrol Metrópoli e BIC GALICIA Obxecto Os obxetivos principais deste seminario son:
· Fomentar ol espíritu emprendedor
· Ver o autoemprego como unha opción máis.
· Expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial.
· Romper co mito da definición do concepto de empresario.
· Explicar con que recursos e ferramentas se pode contar dende o BIC
Galicia, para aquelas persoas que están pensando en emprender.
Destinatarios: Emprendedores
Temario: BIC Galicia organiza e imparte este Seminario para a Difusión da Creación de Empresas, para achegar aos emprendedores á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos. Ademais o emprendedor Pablo Somorrostro da empresa 2kSystems contará a súa experiencia na súa traxectoria empresarial.
Data: Martes 13 de decembro de 2011. Horario: 10.40h a 12.40h Lugar C.I.F.P Rodolfo Ucha Piñeiro. Avenida Castelao, 64, 15406 Ferrol.
Para inscrición: Fundación Ferrol Metrópoli, tlf: 981 333 114 ou innovacion@ferrolmetropoli.org. Entregarase certificado de asistencia.
CURSO SUPERIOR DE “COMERCIO ELECTRÓNICO EN FACEBOOK”
Obxectivos
- Coñecer as claves para ter éxito nas campañas de publicidade e venda en Facebook.
- Saber como desenvolver proxectos de comercio electrónico en Facebook.
- Estudiar os casos de éxito máis relevantes de Facebook, que sirvan como modelo para desenvolver os propios.
REQUISITOS
Para poder disfrutar do Curso Superior “Comercio electrónico en Facebook” é requisito imprescindible estar empregado ou ben, ser traballador autónomo. Ademáis, terán prioridade os alumnos das Comunidades Autónomas de Castilla-La Mancha, Andalucía, Extremadura, Galicia, Asturias, Murcia, Ceuta e Melilla.
Temén dispoñen de plazas reservadas para colectivos prioritarios (discapacitados, inmigrantes, mujeres e maiores de 45 anos).
TITULACIÓN
Os alumnos que realicen o programa formativo completo e superen os requisitos establecidos, recibirán o Diploma de Formación do curso “Formación de Profesionales en Negocio Electrónico a través de FaceBook” expedido por Total Publishing, o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e o Centro de Estudios de Postgrado da Universidad Politécnica de Madrid (CEPADE).
O curso comenzará o próximo 14 de diciembre, terá unha duración de 220 horas e impartirase baixo a modalidade e-Learning.
Consulta o programa e solicita a túa praza
MÁSTER EN DIRECCIÓN E XESTIÓN DA FORMACIÓN
Fundación Laboral da Construcción e a Universidade de Santiago de Compostela.
Obxecto: Formar expertos en dirección e xestión da formación para institucións e empresas.
Destinatario: Titulados universitarios (diplomados ou licenciados), ou alumnos no último ano do grao, que obteñan a titulación con anterioridade á data de finalización do máster. Persoas desempregadas ou ocupadas.
Data/s inicio: 25/11/2011. Finalización: Setembro 2012. Horario: Vernes dende as 17:00 ás 21:00 e Sábados dende as 09:30 ás 13:30 h. as clases
presenciais. Lugar: Fundación Laboral de la Construcción, Teo, A Poboa 16 – Montouto 15883 Teo (A Coruña). Tlf.: 981 80 15 55 Fax: 981 80 16 13