
Convocatoria de emprego na UE para comunicación, dereito, relacións exteriores, auditorías e outras máis.
A convocatoria diríxese a estudantes universitarios no último ano de carreira ou recén licenciados e a profesionais cun mínimo de seis anos de experiencia, informa a páxina web da Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO, segundo as siglas en inglés).
En particular, hai 114 prazas para profesionais especialistas en administración pública europea, 64 no ámbito do Dereito, 43 en auditorías, 42 na área da comunicación e 33 en relacións exteriores.
Do conxunto de postos convocados, 219 diríxense a universitarios ou recén licenciados e 77 a profesionais con polo menos 6 anos de experiencia.
“A UE afronta na actualidade retos importantes. Nas institucións europeas. Necesitamos o persoal máis preparado para axudar a afrontar eses asuntos e resolver problemas que afectan a millóns de persoas”, reza a convocatoria.
Os interesados poden enviar as súas solicitudes ata o próximo 17 de abril e tedes toda a información neste enlace
16 PRAZAS DE EMPREGO PÚBLICO / CONCELLO DE VIGO
DOG 41, martes 28 de febreiro de 2012. pax. 7290-7291 (VI. Anuncios / B) Administración Local
12 prazas de persoal funcionario
- Técnico/a de Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo A1. Escala Administración xeral. Subescala técnica. Clase superior. Quenda de acceso: libre.
- Policía. Número de vacantes: 2. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase policía local. Quenda de acceso: libre.
- Bombeiro/a. Número de vacantes: 2. Grupo C2. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase extinción de incendios. Quenda de acceso: libre.
- Inspector/a obras, servizos e infraestruturas. Número de vacantes: 1. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase cometidos especiais. Quenda de acceso: promoción interna.
- Administrativo/a de Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo C1. Escala Administración xeral. Subescala administrativa. Quenda de acceso: promoción interna.
- Auxiliar Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo C2. Escala Administración xeral. Subescala auxiliar. Quenda de acceso: promoción interna.
- Técnico mantemento informática. Número de vacantes: 1. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase cometidos especiais. Quenda de acceso: promoción interna
4 prazas de persoal laboral: 1 de capataz e 3 de oficial de oficios.
- Capataz. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.
- Oficial condutor. Número de prazas: 2. Quenda de acceso: promoción interna.
- Oficial xardineiro. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.
—————————————————————————————————-
DOUS PEÓNS MEDIOAMBIENTAIS. CONCELLO DE MUROS.
O sistema de selección dos aspirantes será de concurso de méritos, entrevista e proba práctica.
Os interesados en participar no proceso selectivo deberan facelo constar mediante instancia dirixida a Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establece as bases.
O prazo para presentación de instancias remata o día 16 de xaneiro as 14:00 horas.
LISTAS DE TRABALLO NO SERGAS.
Anuncio DOGA
Prazas:
1. Grupo auxiliar da función administrativa.
2. Persoal de servizos xerais.
3. Celador/a.
Prazo: Para que as solicitudes e os méritos sexan tidos en conta na primeira xeración de listas, deberán estar rexistrados e acreditados antes do día 15 de xaneiro de 2012. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 1 de decembro de 2011 e ata o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo.
Modelo de inscrición: as persoas interesadas en formar parte das listas deberán inscribirse nos modelos for¬malizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, na epígrafe FIDES/expedient-e, imprimir o for¬mulario en papel e formalizar o rexistro administrativo.
OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA
Anuncio DOGA
• Tres prazas de administrativos petencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa e clase administrativa, mediante o sistema de concurso-oposicion en quenda de promoción interna.
• Unha praza de operario pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais e clase de persoal de oficios, mediante o sistema de concurso oposición, quenda libre.
• Unha praza de operario pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais e clase de persoal de oficios, mediante o sistema de concurso oposición en quenda de reserva a minusválidos.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
TÉCNICO SUPERIOR DE ANÁLISE DE SUPERFICIES. UNIVERSIDADE DE VIGO.
22/12/2011 Convocatoria
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de xaneiro de 2012
OFERTA DE PERSOAL FUNCIONARIO. CONCELLO DE LUGO.
Prazas:
- Grupo A2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: enxeñeiro/a técnico/a topógrafo/a.
- Grupo A2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: arquitecto/a técnico/a.
- Grupo A2. Escala de administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: técnico/a medio/a da área económica.
- Grupo C1. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: técnico/a superior en informática.
- Grupo C2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 2 (quenda libre). Denominación: bombeiro/a condutor/a.
- Agrupacións profesionais. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de persoas discapacitadas). Denominación: celador/a para colexio público.
*Cada convocatoria sairá no BOP LUGO. De momento destas prazas non saiu ninguna convocatoria.
CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS. FUNDACIÓN TIC LUGO.
Prazas:
- Celador-Graduado, ESO, FP grao medio ou superior.
- Empregado de mantemento e xardinería-Certificado de Escolaridade ou equivalente
Prazo: ata o 18 de xaneiro.
————————————————
CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE ADMINISTRATIVO ADSCRITO Ó DEPARTAMENTO DE SERVICIOS ECONÓMICOS NO CONCELLO DE BOIRO
Máximo 10 candidatos.
Sistema de acceso: concurso-oposición.
Prazo: A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata as 13:30 h. do 04/01/2012.
As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na web
AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral non fixo.
A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir unha (1) praza mediante contrato de revezamento ao 75% da xornada.
1 praza de mariñeiro/a-concurso-oposición.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, n.º 1.
As solicitudes deberán presentarse, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizaría no seguinte día hábil.
Máis información e bases da convocatoria
FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE
ANUNCIO de convocatoria de postos de persoal laboral temporal.
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne realiza a convocatoria selectiva para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de tres técnicos/as para o proxecto 0443_LAN_PYMEXPORT_1_E (REF.PER.-2011/09, REF.PER.-2011/10 e REF.PER.-2011/11), a través do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia n.º 4, San Cibrao das Viñas, Ourense.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
Máis información e bases da convocatoria
LISTA PARA COBERTURA TEMPORAL DE PEÓNS DE VARIOS SERVIZOS. CONCELLO DE BOIRO
As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial.
Prazo: A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata as 13:30 h. do 28/12/2011.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA USC PARA O ANO 2011.
- Persoal laboral. Quenda libre. 5 prazas para oficial de servizos.
- Persoal funcionario. Quenda libre. 1 praza para auxiliar de arquivos bibliotecas e museos.
Existen máis ofertas pero son de promoción interna.
As convocatorias das probas selectivas de acceso libre derivadas da presente oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado
PRAZA DE TÉCNICO SUPERIOR DE RELACIÓN INTERNACIONAIS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
DOG 16/12/201).Prazo ata 15 de xaneiro (20 días naturais).