
Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
SERVIZO COMARCAL DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL)
O servizo comarcal de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte existe dende xaneiro de 2011, e está composto por unha traballadora da comarca. Este servizo nace co obxectivo de facilitar e impulsar actividades xeradoras de emprego, contribuíndo desta maneira no desenvolvemento socioeconómico do territorio dos catro concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira e Rianxo.
Funcións
Investigación: analizar os recursos locais para o seu aproveitamento en proxectos empresariais. Identificar novas actividades económicas, posibles emprendedores e detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
Información: acerca de subvencións vixentes , prestando apoio na súa xestión e tramitación.
Acompañamento: apoio sobre a viabilidade técnica, económica e financeira; e en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
Asistencia Técnica: orientar, guiar, asesorar o emprendedor no inicio do seu proxecto empresarial
Traballo en Rede co resto dos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local que traballan na comarca, na mellora continua do servizo, intercambiando experiencias e coñecementos, así como desenvolvemento de actividades e proxectos conxuntos.
Pautas de Actuación:
- Detección de necesidade e recursos da Mancomunidade de municipios Arousa Norte.
- Orientación a desempregados.
- Acompañamento a pequenas empresas.
- Atención a calquera persoa interesada no desenvolvemento socioeconómico da Comarca do Barbanza.
“Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local encontrarán asesoramento e información os desempregados, emprendedores, empresarios e traballadores, de forma que se impulsen actividades xeradores de emprego e actividades económica no territorio de Arousa Norte”
Como contactar:
Para contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local pode:
- Visitar a súa oficina na Sede da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Dirección
Praza de Galicia, s/ n C.P 15930 Boiro, 2º andar do Concello de Boiro.
Horario de atención de 9:00 a 13:00.
- Realizar una consulta telefonicamente ou por correo electrónico
Tlf: 981 845 236 aedl@arousa-norte.es