Empresarios

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN 

Obxecto: facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados.

Beneficiarios: empresas (pemes ou non), asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers; así como centros de tecnoloxía e centros de apoio á innovación tecnolóxica.

Condicións: todos os beneficiarios deben presentar ao Igape un proxecto de internacionalización (a detallar no cuestionario de solicitude) para o que se require contratar un especialista en comercio exterior, aínda que debe ter experiencia previa en exportación ou operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa.
A contía da axuda: para os contratos laborais que se formalicen -a tempo completo ou parcial-, cumprindo os requisitos destas bases, será para as empresas o 70% do salario bruto anual; e para os organismos intermedios o 75% nos primeiros 12 meses de contratación sobre o salario bruto anual, 65% nos seguintes 12 meses de contratación e 55% nos últimos 12 meses de contratación subvencionable

Prazo: ata o 15 de maio.

Convocatoria e amplo resume do IGAPE

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS FORESTAIS

Obxecto: creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2012 en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios:  Microempresas do sector forestal radicadas en Galicia

Prazo: ata o 6 de febreiro de 2012

Amplo resume e convocatoria

AXUDAS PARA A IMPLANTACION DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO, XESTIÓN E SUBSTITUCIÓN

Obxecto: implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

Beneficiarios:

1.- Axudas para a implantación de servizos de aconsellamento: Entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas ou, en ambos os supostos, as súas unións ou federacións, agás as agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) e as agrupacións de agricultores para tratamentos integrados na agricultura, (Atria), así como as súas unións ou agrupacións.

2.- Axudas para servizos de xestión: Empresas, cooperativas e entidades asociativas do sector agrario. 

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, punto 7 do regulamento (CE) nº 800/2008
Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3.- Axudas á implantación de servizos de substitución: Cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados.

Prazo: ata o 28 de xaneiro 2012.

Amplo resume e convocatoria

PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

Obxecto: Fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, que poñan en valor a produción de alimentos de calidade diferenciada, mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.

Beneficiarios: os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos alimentos

Prazo: ata o 15 de xuño de 2012.

Amplo resumo e convocatoria

INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS

Obxecto: Medidas de apoio ao desenvolvemento das instalacións de transformación e comercialización de produtos agrarios que posibilitan a viabilidade das explotacións agrarias, dando valor engadido ás producións e facilitando o seu acceso aos mercados, fomentando ademais a creación e o mantemento de postos de traballo, beneficiando o tecido económico das zonas rurais

Beneficiarios:

A. Empresas con investimentos en transformación e comercialización de produtos incluídos no anexo I do tratado

B. Empresas con investimentos relativos á serradura de madeira:

Prazo: ata o 30 de xaneiro de 2012.

Amplo resumo e convocatoria

AXUDAS PARA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS

 Organismo: Consellería do Medio Rural.

Obxecto: axudas aos investi­mentos no exterior destinadas á comercialización de produtos vitivinícolas.

Convocatoria

Beneficiarios: pemes con sede en Galicia (véxanse todos os requisitos artigo 2)

Orzamento: As axudas establecidas nesta orde poderán acadar ata o 50% do investimento subven­cionable cando o beneficiario sexa unha peme, e ata o 25% do investimento subvencio­nable no caso de empresas non peme con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros.

Prazo: rematará o día 26 de decembro de 2011.

SERVIZOS INTENSIVOS DE EMPREGO

Organismo: IGAPE

Finalidade: Servizos avanzados en Galicia cun investimento superior a 200.000€ e cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 10 novos postos de traballo de carácter indefinido.

Beneficiarios: Sociedades mercantís existentes ou en constitución que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, o Igape poderá esixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.

Sectores incentivables:

Os proxectos subvencionables deberán en todo caso estar vinculados a algunha destas actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) Servizos de implantación de sistemas tecnolóxicos: monitorización e control de procesos industriais, sistemas de seguimento remoto e telecomando de procesos, sistemas mecatrónicos.

b) Enxeñaría de produtos e procesos industriais, enxeñería de proxectos aeronáuticos ou espaciais.

c) Centros de servizos telemáticos.

d) Centros de desenvolvemento de software.

e) Enxeñaría de ensaio e control de calidade en edificación, obra civil ou industria.

Prazo: ata derogación expresa da axuda.

Amplo resumo e convocatoria

REGULACIÓN DE AVAIS

Organismo: IGAPE.

Finalidade: Prestación de avais a empresas beneficiarias diante das entidades de crédito ou establecementos financeiros legalmente establecidos. Os avais terán algunha destas finalidades:

- Avais para apoiar plans de viabilidade de empresas.

- Avais para apoiar accións que sexan consecuencia de plans e programas sectoriais de competitividade, así como aquelas que, con igual finalidade, poñan en marcha empresas ou grupos empresariais de especial interese socio-económico para Galicia.

- Avais para o apoio e promoción de novas empresas ou ampliación das existentes.

Beneficiarios: Poderán ser destinatarios dos avais as pequenas e medianas empresas privadas, participadas ou non polo Igape que, tendo o domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, destinen integramente os créditos e liñas de financiamento que se avalan á creación, ampliación, reconversión e reestruturación delas, dentro do plan económico-financeiro para o efecto elaborado.

As pequenas e medianas empresas non domiciliadas en Galicia poderán ser apoiadas para estas finalidades se destinan integramente as operacións obxecto de aval ás unidades produtivas situadas en Galicia.

Aquelas empresas que, sen ter a condición de peme, pertenzan a un sector considerado prioritario ou sexan obxecto dun plan de viabilidade segundo acordo en ambos os casos da Comisión Delegada para Asuntos Económicos.

Poderán avalarse as empresas polas operacións ou actividades que resulten de especial interese socio-económico para Galicia, segundo acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos.

O Igape poderá reavalar, ante as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia, o risco que estas asuman como primeiras avalistas por aquelas operacións acollidas aos programas de fomento empresarial que para tal efecto se aproben

Prazo: Ata derogación expresa da axuda.

Amplo resumo e convocatoria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s