PROGRAMA EMEGA
Estas axudas teñen por obxecto incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación
Resume do catálogo de procedementos da Xunta
Prazo: ata o 22 de xuño.
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
Obxecto: promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais, fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive.
Beneficiarios: persoas desempregadas, persoas con discapacidade, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, traballadores/as desempregados procedentes de empresas en crise e persoas desempregadas que esgoten a prestación por desemprego
Prazo: ata o 30 de setembro de 2012
INICIATIVAS DE EMPREGO: ILES – IER. PROCEDEMENTO DE CUALIFICACIÓN E INSCRICIÓN REXISTRAL (TR340A)
- Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 18, de 27/01/2000)
- Solicitude TR340A
Beneficiarios: poderán solicitar a cualificación como iniciativa de emprego os promotores de proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo de seis meses anteriores ao momento no que se formule a solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.
Requisitos:
a) Proxectos empresariais, que reúnan condicións de viabilidade técnica, económica e financeira e xeren postos de traballo estables.
b) Proxectos apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade Autónoma e que vaian ter a sede social e fiscal no seu respectivo territorio. Entenderase que unha Administración apoia o proxecto cando poña á disposición do promotor a achega de recursos económicos e/ou materiais tales como infraestructura ou servizos que favorezan a posta en práctica e/ou a xestión do negocio.
Para o caso de que colaboren varias administracións nun mesmo proxecto, debe constar a forma de participación de cada unha delas, e a sede social e fiscal da empresa resultante terá que fixarse no territorio dalgunha das administracións colaboradoras.
c) Proxectos nos que o cadro de persoal previsto, ao constituírse en empresa, non sexa superior a vintecinco traballadores.
Excepcionalmente, cando concorran razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderán ser cualificadas como iniciativas de emprego proxectos que prevexan un cadro de persoal superior.
d) Que se trate de empresa privada de nova creación.
e) Que a producción de bens e servicios estea relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona, cubra necesidades non satisfeitas na estructura existente.
Cualificaranse como iniciativas locais de emprego (ILES) os proxectos empresariais innovadores que reúnan os requisitos establecidos no punto 1
E cualificaranse como iniciativas de emprego rural (IER), aqueles proxectos empresariais innovadores nos que, ademais de reuni-los ditos requisitos, concorran as seguintes características: estar integrados nun plan de actuación conxunto elaborado por un departamento sectorial da Xunta de Galicia e esta Consellería, dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego, e apoiados polo departamento sectorial correspondente.
Subvencións: terán que presentarse antes de que transcorra un ano desde que se iniciou a actividade.
Fin de prazo: 31/12/2012.
INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA
- Corrección de erros (DOG nº 78 do 23 de abril de 2007)
- Decreto 56/2007, do 15 de marzo (DOG nº 65; 2/04/2007)
- Solicitude TR340D
Obxecto: O programa de apoio ás IEBT vai encamiñado a fomentar e incrementar os sistemas de apoio á creación de novas empresas de base tecnolóxica, que constitúen un elemento clave para o desenvolvemento futuro da nosa comunidade como motores dinamizadores da sociedade do coñecemento e a xeración de emprego cualificado
O programa configúrase como un instrumento para impulsar o espírito emprendedor no trinomio investigación, tecnoloxía e emprego; mediante o aproveitamento intensivo e na colaboración coas diferentes estruturas que xa existen tanto na Consellería de Traballo e noutros departamentos da Xunta de Galicia, como coas tres universidades galegas e con outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e á iniciativa emprendedora.
Requisitos:
Para que un proxecto empresarial poida ser cualificado como IEBT e inscribirse no rexistro correspondente deberá reunir os seguintes requisitos:
• Ser viable técnica, económica, financeira e comercialmente.
• Que a actividade, producto ou servizo teña carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica.
• Que se trate dunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomas e autónomos, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, respectando a proporción dunha persoa titulada por cada catro postos de traballo.
• Que o cadro de persoal no momento de iniciar a súa actividade produtiva estea constituído nun 25%, como mínimo, por persoas con titulación universitaria.
Cualificación e rexistro:
• Poderán solicitar a cualificación como IEBT os promotores dos proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade. Os promotores, e no seu caso, as empresas poderán iniciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación.
• As solicitudes de cualificación como IEBT dirixiranse ao director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, e presentaranse en modelo normalizado, acompañando a seguinte documentación:
- DNI da persoa promotora e, de ser o caso, poder para actuar en nome da persoa xurídica que representa.
- Memoria técnica e económica explicativa do proxecto ou plan de empresa.
- Informe do axente de emprego especializado en IEBT que prestou o apoio e asesoramento.
- Declaración da persoa promotora da data prevista para a constitución da empresa e da prevista para o inicio da actividade.
• A competencia para coñecer e resolver sobre as solicitudes de cualificación de iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), corresponderalle ao director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo.
• O prazo para resolver será de 3 meses contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, entenderase estimada a solicitude de cualificación.
• Na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, levarase un rexistro administrativo de IEBT, no que se inscribirán os proxectos empresariais cualificados como IEBT.
• A inscrición no rexistro administrativo farase de oficio e practicarase na mesma data en que se cualifique o proxecto empresarial como IEBT, facéndose constar, como mínimo, a seguinte información:
- Número de rexistro que se lle asigna e data de cualificación.
- Datos de identificación do proxecto/empresa, con indicación do nome ou razón social, domicilio social e localidade.
- Definición, obxecto e actividade económica e descrición do contido científico ou tecnolóxico do proxecto.
- Número previsto de postos de traballo que se van crear.
- Identificación das persoas promotoras do proxecto.
- Vencemento do prazo para constituírse en empresa e/ou iniciar a súa actividade.
Axudas e subvencións:
As persoas promotoras ou as empresas resultantes dos ditos proxectos, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, sempre que se constitúan e inicien a súa actividade no prazo dun ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT ou, de ser o caso, no que se estableza na resolución de cualificación ou na complementaria que se dicte para o efecto, poderán acollerse ás liñas de axudas e subvencións que estableza a Consellería de Traballo, de acordo cos requisitos, condicións e prazos que se establezan para os distintos tipos de axuda nas correspondentes ordes de convocatoria.
As axudas concederanse en atención ó número de postos de traballo creados para desempregados e poderán consistir en:
• Axuda á creación de emprego estable.
• Subvención financeira de reducción de xuros de préstamos para financiar investimentos en activo fixo. Establecerase unha contía máxima por cada posto de traballo estable.
• Subvencións para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación. Establecerase unha contía máxima por proxecto e calcularase en atención aos custos laborais totais.
• Axudas en atención ao custo de funcións xerenciais externas.
• Axudas económicas para facilitar o financiamento dos gastos para o inicio e posta en marcha da actividade. A contía da axuda fixarase nunha porcentaxe do custo cun límite máximo variable en atención ao número de postos de traballo.
Fin de prazo: 31/12/2012
