SUBVENCIÓNS DA DIPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ENTIDADES SOCIAIS
Consultade as diversas categorías: cultura, deportes, Normalización Lingüistica, promoción económica e servizos sociais.
Data límite de presentación: 15 de marzo de 2012.
_______________________________________________________
PROGRAMAS PARA MULLERES E RECUSOS INTEGRAIS PARA XESTANTES E LACTANTES.
Organismo: S.X.I da Xunta de Galicia. Convocatoria
Obxecto: convocar para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas e subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.
Actividades subvencionadas:
- Mantemento de centros de atención especializada a mulleres (centros de acollida, centros de día) nos que se ofrece asistencia básica (aloxamento, manutención) e programas de apoio ás mulleres en situación de exclusión especial.
- Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos e/ou fillas menores de tres anos que conteñan actuacións dos tipos que se indican e semellantes:
- De información sobre recursos existentes para elas e os seus fillos e fillas.
- De acompañamento social con medidas de apoio psicolóxico para superación de cargas emocionais provocadas pola situación de embarazo ou maternidade.
- De orientación, asesoramento e busca de emprego.
- De adquisición de competencias persoais e sociais adaptadas para a inserción laboral e para afrontar a nova situación persoal.
- De medidas de apoio urxente.
- Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social (reclusas, ex-reclusas, drogodependentes).
- Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección (anciás soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes, pertencentes a minorías étnicas).
- Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.
- Aqueles outros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito desta resolución.
Beneficiarios: as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos e compromisos establecidos nas bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 10 de maio de 2011 e que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
O prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de febreiro
As solicitudes para a súa presentación poden descargarse a través desta ligazón.
PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA E ATENCIÓN A DISCAPACIDADE E Á DEPENDENCIA
Organismo: Obra Social La Caixa. Convocatoria
Obxecto: apoiar proxectos dirixidos a promover a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas con minusvalidez ou en situación de dependencia.
Liñas prioritarias:
- A autonomía persoal dos beneficiarios.
- O desenvolvemento persoal e social das persoas con minusvalidez, enfermidade mental ou en situación de dependencia.
- O envellecemento activo e a prevención da dependencia.
- A igualdade de oportunidades e a accesibilidade dos colectivos beneficiarios da convocatoria.
- O apoio psicosocial no ámbito familiar dos beneficiarios.
- O fomento e a xestión do voluntariado vinculado aos proxectos de promoción da autonomía e atención á minusvalidez e/ou á dependencia.
Beneficiarios: entidades non lucrativas que traballan no territorio español (ver punto 3).
Orzamento: a cantidade solicitada á Fundación “La Caixa” non poderá superar o 75% do custo total do proxecto, e este porcentaxe equivalerá a unha cantidade non superior a 40.000 € en concepto de solicitude. No caso de que se presente por dúas ou máis entidades non superará o 75% do custe total do proxecto e non superior a 60.000 €.
Prazo: O prazo de presentación do formulario de proxecto empezará o día 1 de febreiro e finalizará o 28 de febreiro de 2012.
A data máxima de presentación da documentación complementaria a través de
internet é o 6 de marzo de 2012.
Non se poderán presentar proxectos nin documentación complementaria fóra deste prazo.
PROXECTOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL A PAÍSES EN VÍAS DE DESENVOLVEMENTO
Organismo: Empresa Vitivinícola La Rioja S.A. Convocatoria
Obxecto: proxectos de mellora da agricultura, educación ou economía de países en vías de desenvolvemento.
Beneficiarios:
Calquera ONG, Fundación, Asociación, persoa ou entidade sen ánimo de lucro e
apolítica, que teña como fins institucionais expresos segundo os seus propios estatutos o relacionado co desenvolvemento socio-económico dunha poboación desfavorecida e que estea inscrita e teña actualizada a súa documentación na Coordinadora de ONGs ou no Rexistro de Fundacións ou onde corresponda e estean auditar pola Fundación Lealdade ou outra empresa auditora de recoñecida solvencia.
Prazo de presentación: ata o 31 de marzo.
Orzamento: o importe destinado será o 0,7% do resultado neto consolidado o ano anterior do Grupo La Rioja Alta, SA.
OPENCOR E UN KILO DE AXUDA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Organismo: Opencor. Convocatoria Solicitude
Obxecto: promover a integración sociolaboral de persoas con discapacidade
física, psíquica, orgánica ou sensorial.
Liñas estratéxicas:
- Formación para o emprego.
- Orientación para o emprego, itinerarios de inserción ou integración no mercado laboral ordinario.
- Orientación para o emprego, itinerarios de inserción ou integración no mercado laboral específico.
Beneficiarios: entidades sen ánimo de lucro (requisitos punto 2).
Orzamento: OpenCor e 1 Kilo de Axuda coas persoas con discapacidade destinarán 100.000 euros á presente convocatoria.
A cantidade solicitada polas entidades non poderá superar os 10.000 euros.
Prazos:
- Solicitude: os proxectos deben ser enviados, no formulario para tal efecto, á dirección de correo electrónico proyectos@1kilodeayudaparaeducacion.org antes do día 17 de febreiro de 2012.
- Execución: máximo 12 meses.
PROGRAMAS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO EN GALICIA.
Organismo: Xunta de Galicia. Convocatoria
Obxecto: O programas deben estar destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas con problemática asociada ao alcoholismo, así como de persoas con secuelas por dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastorno de conduta alimentaria.
A súa finalidade é aumentar a autonomía, paliar as posibles limitacións e favorecer a rehabilitación e integración dos devanditos colectivos con especiais necesidades de atención sociosanitaria.
Beneficiarios: Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios principais sexan a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo a que se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os que se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.
Contía: O importe da axuda poderá acadar ata o 100% do custo do programa subvencionado, cun límite máximo de 14.000 euros por axuda.
Poderán recibir axudas un máximo de 15 programas pertencentes á liña A de axudas e 15 programas pertencentes á liña B.
Prazo: ata o 20 de febreiro.
PROGRAMA DE INCLUSIÓN SOCIAL E INTEGRACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO.
Organismo: Xunta de Galicia.
Obxecto: para a realización de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.
Accións:
a) Actuacións que permitan a adquisición e o desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais para dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais (mellora de aptitudes básicas, desenvolvemento persoal, técnicas de busca de emprego, etc).
b) Actuacións de formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades dos colectivos en situación de exclusión social, que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional.
c) Programas integrais de base comunitaria en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral de persoas mozas, mulleres e colectivos con dificultades de inserción.
d) Programas integrais de base comunitaria en barrios urbanos que desenvolvan accións preventivas, de intervención, seguimento e titorización para persoas en situación ou risco de exclusión social.
e) Actuacións de acompañamento social, que consistirán na posta á disposición dos usuarios, de servizos de apoio persoal e/ou familiar que faciliten o axeitado desenvolvemento de itinerarios de inserción sociolaboral.
Beneficiarios: entidades de iniciativa social
Prazo: ata o 23 de febreiro.
