
ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
Convocatoria
Obxecto: a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Prazas: convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Duración: as estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
Condicións económicas: os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Prazo: ata o 16 de maio.
—————————————————————————————————
AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
DOG Nº 44 / Venres, 2 de marzo de 2012 / Páx. 7621
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS - CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o ano 2012 axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
_______________________________________________________
PLAN RENOVE DO INEGA.
Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo: ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.
DE CLIMATIZACIÓN: Resume do Inega e convocatoria
DE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR: Resume do Inega e convocatoria.
PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES E OUTRAS AXUDAS SOCIAIS PARA O 2012.
Obxecto:
a) Programa de atención a persoas maiores.
b) Axudas para actuacións de podoloxía básica e para termalismo social para maiores.
c) Programa de atención a persoas con minusvalidez e programa de atención a drogodependentes.
Fixádevos no artigo 2 relativa á normativa de cada programa.
Solicitude: Todos os impresos normalizados necesarios para solicitar e obter estas axudas, estarán dispoñibles nos Servizos Centrais e nas Delegacións Provinciais da Mutualidade Xeral Xudicial, así como na páxina www.mugeju.es.
Prazo: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro 2012.
AXUDAS DO PROGRAMA ALUGA
Convococatoria Decreto 84/2010, do 27 de maio
Obxecto: proceder á convocatoria no exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda prevista no do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
Beneficiarios: ás persoas inquilinas as unidades familiares ou de convivencia que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do citado decreto.
Prazo: As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.
No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ouda correspondente prórroga do contrato de arrendamento.
PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSONAS MAIORES E OUTRAS AXUDAS SOCIAIS PARA O 2012
Organismo: Mutualidad General Judicial
Finalidade:
a) Programa de atención a persoas maiores.
b) Axudas para actuacións de podoloxía básica e para termalismo social para maiores.
c) Programa de atención a persoas con minusvalidez e programa de atención a drogodependentes.
Cada programa ten a súa normativa correpondente de aplicación.
Impresos: www.mugeju.es
Prazo: 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2012.
PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL
Organismo: IMSERSO
Finalidade: Convócanse 226.316 prazas para participar no Programa de Termalismo Social, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I da presente resolución.
Sen prexuízo do anterior, a oferta de prazas poderá incrementarse, sen necesidade de nova convocatoria, coas que resulten dos novos concertos que formalice o IMSERSO no ano 2012 cos establecementos termais.
O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario especifícase, así mesmo, no citado anexo I.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 ou de 10 días cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán dende as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2012.
Beneficiarios:
1. Ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria cumpra os 60 anos de idade.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción destes.
5. Alcanzar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos os dous inclusive: ata o día 16 de xaneiro de 2012.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 16 de maio de 2012.
- Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos os dous inclusive: ata o día 16 de maio de 2012.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2012.