TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO
Lanzamento das aplicacións de #GalApps – (ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego) para iOS (iPhone e iPad).
Hai dous meses publicaron as mesmas aplicacións para Android, e entre as tres suman máis de 5000 descargas. Constitúen unha suite de aplicacións da lingua galega que permiten conxugar verbos en galego (ConxuGalego), buscar o significado de termos galegos (DicionarioGalego) e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa (TradutorGalego). O galego, coas GalApps, convertese na primeira lingua que dispón dunha suite de aplicacións para as dúas principais plataformas móbiles.
As aplicacións pódense descargar de balde na AppStore de Apple. Por suposto, tamén seguen dispoñibles no Android Market. Están dispoñibles a través dos seguintes enlaces:
ConxuGalego (AppStore) (Android Market)
DicionarioGalego (AppStore) (Android Market)
TradutorGalego (AppStore) (Android Market)
Podedes botar un ollo á web, http://galapps.es, e á súa conta de Twitter, co usuario @GalApps (http://twitter.com/GalApps), onde desenvolvena meirande parte da súa actividade na rede: informan das actualizacións (sempre de balde) das aplicacións, etc.
Autores: Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta.
Deixar unha resposta