Máis bolsas



30 BOLSAS DE CONTROL ANALÍTO DE PRODUTOS DE COMERCIO EXTERIOR

Convocatoria

Obxecto: completar a capacitación profesional de titulados universitarios superiores en disciplinas relacionadas co control analítico e facilitar así a súa incorporación ao mercado laboral, para que este dispoña de especialistas en análise de produtos obxecto de comercio exterior.

Requisitos solicitantes:

a)  Estar en posesión da nacionalidade española.

b)  Estar en posesión do título de Grao ou Licenciado en Ciencias Químicas,Biolóxicas, Farmacia, Veterinaria, Enxeñaría Superior ou calquera outra titulación universitaria superior relacionada coas Ciencias experimentais. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos.

c)  Acreditar experiencia práctica de laboratorio e en sistemas de calidade mnen laboratorios de ensaio, valorándose de xeito especial a adquirida nas seguintes técnicas analíticas:
Cromatografía de gases (todos os destinos).
Cromatografía de líquidos de alta resolución [Alicante, Barcelona,Bilbao, Málaga, Murcia, Sevilla, Valencia, Vilamalla (Xirona) e Vigo (Pontevedra)]. Espectrometría UV-VIS (todos os destinos).
Espectrometría de absorción atómica [Alicante, Barcelona, Las Palmas de Gran Canaria, Pamplona, Sevilla, Valencia e Vigo (Pontevedra)].Electroforese [Vigo (Pontevedra)].

d)  Consideraranse méritos específicos adicionais os coñecementos de inglés técnico e de informática a nivel de usuario, así como a realización de cursos formativos sobre técnicas analíticas.
Posibilidade de dedicación completa ás tarefas a desempeñar como contrapartida da bolsa.

Condicións: cada bolsa estará dotada cunha cantidade máxima de 8.644,72 euros anuais brutos, sendo a asignación mensual de 1.234,96 euros brutos. A duración das bolsas será dende o 1 de xuño, ou dende a data da Resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012.

Prazo: ata o 10 de maio ( 10 días hábiles dende o día seguinte o da  publicación 27 de abril).

9 BOLSAS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL E NO SERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

Convocatoria

Obxecto: fomentar a realización de prácticas que completen a formación dos graduados en Información e Documentación ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) coa súa participación nos labores que se

levan a cabo no Arquivo, Biblioteca Provincial e Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de realización:

·   Seis graduados ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación realizarán tarefas no Arquivo Provincial e na Biblioteca Provincial.

·   Tres graduados ou licenciados en Biblioteconomía e Documentación realizarán tarefas no Servizo de Patrimonio e Contratación.

Requisitos dos solicitantes:

·   Non percibir ningunha axuda económica incompatible.

·   Ter obtido o grao en Información e Documentación ou Licenciatura en Documentación en Biblioteconomía e Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade de A Coruña (Campus de Ferrol) no curso 2010-2011.

·   En caso de vacante ou ampliación teranse en conta as licenciaturas nos cursos 2009/2010, 2008/2009 y 2007/2008.

Condicións: A duración da bolsa será de 12 meses, o inicio das prácticas será o 1 de xuño de 2012 e recibirán unha dotación mensual de 740,56 € mensuais.

Prazo: ata o 21 de maio de 2012.

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete a 2.187 seguidores máis


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.475 visitas
Calendario empreg@
Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • higienista dental 14 Maio, 2021
  • Auxiliar Administrativo/a con inglés 7 Maio, 2021
  • Asesor Inmobiliario 14 Maio, 2021
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: