Lectorados de lingua galega


LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS EN UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS E ESTRANXEIRAS.

Convocatoria

Obxecto: proceder a convocatoria das prazas de lector/a de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas univer­sidades que se relacionan na táboa seguinte:

Destino Localidade País
Universidade do País Vasco Vitoria España
Universidade da Sorbona-París III París Francia
Universidade de Birmingham Birmingham Reino Unido
The Queen’s College, Oxford Oxford
Universidade de Cork Cork Irlanda
Universidade Federal de Bahía Salvador de Bahía Brasil

Requisitos:

  • Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
  • Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta axuda económica.
  • Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
  • Non encontrarse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión das seguintes titulacións:

–      Licenciatura en filoloxía galega.

–      Licenciatura en filoloxía hispánica, subsección de galego-portugués.

–      Licenciatura en filoloxía románica, sempre que a primeira ou segunda lingua romá­nica elixida fose o galego.

–      Grao en lingua e literatura galegas.

–      Grao en estudos de galego e español.

–      Grao en galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios.

–      Grao en lingua e literatura españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o ga­lego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior Plus en introdución á lingua e literatura galegas.

–      Grao en lingua e literatura modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o ga­lego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en lingua e literatura galegas ou Maior Plus/modalidade mixta en introdución á lingua e literatura galegas.

  • Poderá solicitar as prazas localizadas en Francia, Reino Unido ou Irlanda quen estea en posesión das seguintes titulacións:

–      Licenciatura en tradución e interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 cré­ditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

–      Grao en tradución e interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Duración: as persoas seleccionadas serán nomeadas para unha primeira estadía que abran­guerá o período comprendido entre o 1.10.2012 e o 30.9.2013, agás no caso da praza localizada na universidade de Brasil, cuxo período estará comprendido entre o 1.1.2013 e o 31.12.2013. Este nomeamento inicial poderase renovar sucesivamente en dúas oca­sións máis ata completar cada lector ou lectora, como máximo, tres anos de estadía. Para o cómputo do período máximo de permanencia non se terán en conta os nomeamentos provisionais derivados de substitucións.

Contía: O/a lector/a percibirá o importe da bolsa directamente da Secretaría Xeral de Políti­ca Lingüística ou a través da universidade para a cal sexa seleccionado.

Para o ano 2012 o importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

– 1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

– 1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Neste importe considéranse incluídos todos os conceptos, é dicir, o/a lector/a fará fronte aos gastos de tipo profesional ou persoal que poidan derivar, tales como: cotización á Seguridade Social (cota obreira), viaxes, desprazamentos urbanos, residencia, requisitos burocráticos, etc., con cargo á bolsa adxudicada.

Solicitudes e prazo: os interesados poderán solicitar como máximo 4 lectorados, ata o 15 de xuño.

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete a 2.187 seguidores máis


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.475 visitas
Calendario empreg@
Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • higienista dental 14 Maio, 2021
  • Auxiliar Administrativo/a con inglés 7 Maio, 2021
  • Asesor Inmobiliario 14 Maio, 2021
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: