Para estudantes univesitarios, idiomas no verán


113 AXUDAS PARA ESTUDAR IDIOMAS NA U.E DURANTE O VERÁN 2012

Convocatoria

Obxecto: convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da unión europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Período e dotación da axuda:

1. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.

2. A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.

Requisitos:

1. Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como mínimo en 50 créditos, incluído ne­les o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

b) Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.

c) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias So­ciais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as uni­versidades galegas.

d) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Prazo de presentación: ata o 14 de xuño de 2012

Prazo de xustificación: remata o 10 de outubro de 2012.

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete a 2.187 seguidores máis


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.475 visitas
Calendario empreg@
Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • higienista dental 14 Maio, 2021
  • Auxiliar Administrativo/a con inglés 7 Maio, 2021
  • Asesor Inmobiliario 14 Maio, 2021
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: