Obxecto:
a) Formar especialistas en protección, restauración, conservación, catalogación, exhibición e difusión do patrimonio histórico español.
b) Formar especialistas en conservación, catalogación, exhibición e difusión dos fondos e coleccións dos museos.
c) Formar especialistas en técnicas de catalogación, documentación e bibliografía, e nas tecnoloxías da información e as comunicacións, aplicadas a fondos modernos e antigos.
d) Formar especialistas en técnicas arquivísticas.
e) Formar xestores de institucións e actividades culturais.
f) Impulsar a formación de artistas, a través de estudos non regulados, nas áreas de creación de artes plásticas e fotografía.
Tipoloxía de bolsas:
- Conservación e Restauración de Bens Culturais. 20 bolsas.
- Museoloxía. 23 bolsas
- Biblioteconomía e Documentación. 52 bolsas.
- Archivística. 30 bolsas
- Xestión Cultural. 28 bolsas
- Artes Plásticas e Fotografía.4 bolsas.
Beneficiarios: só se poderán presentar a unha clase de bolsa. Ver requisitos no anexo I (Páx. 39555)
Condicións:
Todas as bolsas se realizarán en dependencias e organismos públicos do Departamento.
Os beneficiarios, que levasen a cabo un programa de actividades teórico-prácticas contarán coa orientación, formación e seguimento dun titor pertencente á institución correspondente. Entregarase un diploma aos bolseiros que cumprisen o período de formación dende a súa incorporación ata a data de finalización deste.
A concesión e goce destas bolsas non supón establecemento de relación contractual ou estatutaria ningunha, nin supoñerá vinculación laboral ou funcionarial entre o bolseiro e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
A duración da bolsa comprende do 1 de outubro de 2012 ó 30 de xuño de 2013.
A contía a recibir é de 871,00 euros brutos mensuais en case todas, pero fixádevos ben nas características de cada unha.
Prazo: ata o 19 de xuño.
Deixar unha resposta