6 BOLSAS NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. Convocatoria
Obxecto: contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu contorno.
Requisitos: Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.
Condicións: desenvolverase ao longo do ano 2012 cunha duración máxima de cinco meses, entre a data da incorporación das persoas bolseiras e o 30 de decembro.
Cada bolsa estará dotada con 5.000 euros brutos, distribuídos en pagamentos men
suais, a razón de 1.000 euros por mes. Esta cantidade constitúe o importe bruto da bolsa
e nela van incluídos os custos relativos á Seguridade Social.
Prazo: ata o 15 de xullo.
Deixar unha resposta