O Programa Pasarela ofrece prácticas de inserción laboral para recen titulados en Formación Profesional de Grao Superior.
A Fundación Universidade Empresa pon a disposición de mozos titulados en Formación Profesional este programa, co obxectivo complementar a súa formación cos coñecementos que máis se están a demandar hoxe en día polas empresas. Informática, idiomas, etc., son algunhas das materias que o programa combina co traballo durante 12 meses nunha entidade punteira.
O candidato complementará o seu traballo con 80 horas de formación na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid, adquirindo os coñecementos necesarios para complementar a súa titulación.
Este programa ten unha remuneración de 700 euros mensuais.
Para solicitar estas bolsas debes ter menos de 30 anos e ter obtido o Título de Formación Profesional de Grao Superior nos cinco anos anteriores á convocatoria das bolsas.
Podes consultar toda a información neste enlace.
Deixar unha resposta