SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC´s – MR706A
![]() |
Resolución do 7 de agosto de 2012 (DOG Nº157 do 20/08/2012) – Bases e convocatoria 2012 |
Obxecto: potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.
As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio. Son subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
Gastos subvencionables:
1º. Equipamentos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa: ordenadores servidores da rede, equipamentos de comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers, amplificadores etc), equipamentos de comunicacións de rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores etc).
2º. Equipamentos para a seguridade da rede de datos da empresa: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridad (firewalls).
3º. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica.
4º. Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware do solicitante.
Só se valorarán aquelas solicitudes que representen un investimento subvencionable de polo menos 4.000 euros (sen IVE).
Gastos non subvencionables:
1º. Páxinas web.
2º. Licenzas de software ofimático (procesador textos, cálculo, presentacións, fotografía, debuxo).
3º. Elementos de usuario (ordenadores persoais, SAI de usuario, terminais móbiles, tabletas PC, cámaras de vídeo ou fotografía etc.) e outros equipamentos de uso individual ou compartido (impresoras, fotocopiadoras, escáner etc.).
4º. Elementos de rede de datos, cableado e rede sin fíos que non sexan para uso exclu¬sivo e interno da empresa solicitante.
5º. Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas etc.) ou gastos xerais.
6º. Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os elementos adquiridos.
7º. Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
8º. Calquera gasto respecto do cal non sexa posible identificar o seu alcance concreto, tipo de subministración, características técnicas diferenciadoras, ou no que figuren incluídos e sen cuantificar outros gastos non subvencionables.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre a data de presentación da solicitude e a data límite de xustificación de cada ano para o cal se pide a subvención.
Prazo: ata o 20 de setembro.
Consultas : Agader no teléfono 981 54 73 82.
Deixar unha resposta