Bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior e aos seus descendentes para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais
Obxecto: Estas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, da manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios: Cidadáns galegos que fosen beneficiarios deste programa I de bolsas en anteriores convocatorias e non rematasen os seus estudos conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico; e cumpran coas especificacións contidas nas bases aprobadas na Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración.
Prazo: ata o 28 de setembro.
Deixar unha resposta