Qué mellor forma temos de fomentar o cooperativismo e divulgar os seus valores que facelo a través de casos reais? A Oficina de fomento cooperativo quere presentarvos un blogue sobre cooperativismo e economía social. Chámase coopmunicando, e podedes acceder a el a través da dirección coopmunicando.info. Atoparedes novas e artigos que poden resultarvos moi interesantes. Poñemos aquí un enlace a unha enquisa feita a unha cooperativa que opera na comarca, para que coñezades a súa experiencia no incio do proxecto e a súa filosofía.
Esperamos que vos axude a xerminar as ganas de emprendemento cooperativo!
Deixar unha resposta