Co fin de dar a coñecer mellor as diferentes tipoloxías de cooperativas que existen, acabamos de ampliar a información do noso blogue na que describimos brevemente a qué se adica cada unha delas. Podedes ver esta información a través de Fomento do Cooperativismo, Tipos de cooperativas, ou ben pinchando aquí. Para aqueles que non coñezades moi de cerca este mundo, esperemos que vos sirva de axuda para ter outra perspectiva deste tipo de forma xurídica e pensedes nel como unha posibilidade de autoemprego.
Deixar unha resposta