Na Oficina de Fomento Cooperativo queremos dar a coñecer, de xeito máis profundo, cada unha das tipoloxías de cooperativas que existen e mostrar os tipos de actividades que se poden desenvolver a través do cooperativismo, coa esperanza de poder chegar a aquelas persoas que teñan algunha idea similar de negocio e tratar de conciencialos da cooperativa como opción para materializala e desenvolvela profesionalmente para beneficio seu e dos seus socios.
Por iso creamos un novo apartado dentro do Fomento do Cooperativismo deste blogue, chamado Aportando ideas, no que iremos dando información sobre o funcionamento de cada unha delas, aportaremos casos reais de cada tipo de cooperativa co fin de dar propostas para a creación de cooperativas na comarca e achegar o cooperativismo a tódolos colectivos, e facilitaremos enlaces de interese nos que se poidan ampliar a información.
Hoxe presentamos a Cooperativa de vivendas. Se queredes aportar algo ou facer algunha pregunta ó respeto, sabede que podedes deixar un comentario aquí e trataremos de respostarvos o antes posible.
Deixar unha resposta