Prestacións desempregados


Na sección de subvencións, abrimos un subpartado para desempregados, aínda que non son propiamente subvención si son axudas para este colectivo posto que explicaremos as prestacións por desemprego.

Hoxe engadimos a seguinte información

PRÓRROGA DO PROGRAMA PREPARA

O Real Decreto-lei 23/2012, do 24 de agosto,

Obxecto: o actual programa redefínese e centra a súa función protectora no colectivo dos desempregados, que non tendo dereito a outras prestacións ou subsidios, presenten cargas familiares ou sexan parados de longa duración:

  • Increméntase a axuda, do 75% ao 85% do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples, IPREM, para aqueles beneficiarios que acrediten tres ou máis persoas ao seu cargo.
  • Céntrase o colectivo de beneficiarios nos parados de longa duración (máis de doce dos últimos dezaoito meses en desemprego) ou parados con cargas familiares, manténdose o resto de requisitos de acceso contemplados en programas anteriores.
  • Para a determinación da condición de beneficiario, mantense a vinculación do requisito de reducidas rendas do solicitante ás da unidade familiar, incluíndo agora as rendas dos pais en caso de convivencia.
  • En cumprimento das recomendacións do Tribunal de Contas, corríxense os solapamentos que se daban entre o Programa e algunhas rendas asistenciais.
  • Esíxese que o solicitante acredite ter buscado activamente traballo durante polo menos 30 días desde a perda doutras prestacións ata a data de solicitude, co obxectivo de reforzar o seguimento do compromiso de actividade. Esta obriga mantense durante todo o programa e determinará a permanencia do beneficiario no mesmo.

Beneficiarios: poderán beneficiarse deste programa as persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral e inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas de Emprego que, dentro do período comprendidoentre o día 16 de agosto de 2012 e o día 15 de febreiro de 2013, ambos inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desempregoestablecidos no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, ou ben esgoten algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas, debendo as devanditas persoas cumprir no momento da solicitude, ademais, algunha das seguintes condicións:

  • Levar inscritas como demandantes de emprego polo menos doce dos últimos dezaoito meses.
  • Ter responsabilidades familiares, tal como este concepto vén definido no artigo 215.2 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
  • A persoa solicitante debe carecer de rendas de calquera natureza superiores en cómputo mensual ao 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non poderán acollerse a este programa as persoas que percibisen a prestación extraordinaria do programa temporal de protección por desemprego e inserción nin as persoas que fosen ou puidesen ser beneficiarias do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego nos termos establecidos no Real Decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, incluídas as súas prórrogas, nin as que se esgotasen ou puidesen ter dereito á renda activa de inserción, nin as que esgotasen a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos en favor de traballadores eventuais do Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios incluídos no Réxime Xeral da Seguridade Social.

 Máis información no SEPE

Resumen das modificacións en materia de protección por desemprego do  real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantizar a estabilidade  orzamentaria e de fomento da competitividade

Trata as seguintes axudas de interese para os desempregadps

  1. Prestación por desemprego contributiva
  2. Subsidio por desemprego
  3. Compatibilidade de prestacións e  subsidios co traballo a tempo parcial
  4. Renda activa de inserción
  5. Obrigas

Toda a información no SEPE

Advertisements
Etiquetado con: ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,960 visitas
Calendario empreg@
Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Técnico/a de Prevención, Calidad y Medio Ambiente 16 Decembro, 2017
  • Operario/a de pantógrafo CNC de madera 16 Decembro, 2017
  • DELINEANTE/A CARPINTERÍA METÁLICA 16 Decembro, 2017
  • para Holanda Chapistas de coches y Pintores de coches Ingles Basico 16 Decembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Comercial para Iberia Card.A Coruña 16 Decembro, 2017
  • J2EE Developer 16 Decembro, 2017
  • AGENTE COMERCIAL ENDESA 16 Decembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: