Educados para competir


Por se hai algunha persoa que o descoñece, este ano 2012 foi declarado pola Organización das Nacións Unidas como Ano Internacional do Cooperativismo, como medio de desenvolvemento económico e social, especialmente polo seu impacto na reducción da pobreza, a creación de emprego e a integración social. Segundo o seu Secretario Xeral, co énfasis nos seus valores, as cooperativas demostraron ser un modelo empresarial versátil e viable, que pode prosperar incluso en épocas difíciles, e o seu éxito contribue a impedir que moitas familias e comunidades caian na pobreza.

            Os obxetivos da proclamación do 2012 como ano do cooperativismo son:

  1. Concienciar á sociedade sobre a contribución das cooperativas como desenvolvemento económico e social.
  2. Fomentar o crecemento das cooperativas para abordar as necesidades económicas de grupos específicos e acadar unha plena satisfacción económica e social.
  3. Alentar ós gobernos e organismos reguladores a implementar políticas, leis e normativas que faciliten a constitución e o crecemento das cooperativas.

            Dende os xogos da infancia, sempre fomos educados para competir e gañar. A competencia, na nosa sociedade, foinos inculcada como única forma de vencer a un rival supostamente superior a nós, e mesmo no gozo do noso triunfo nos alegramos da derrota do contrincante. Con esta actitude, o que creamos é un escenario cheo de antagonistas e inimigos, que lonxe queda de supor o noso benestar social.

            A competencia debería existir, pero con un mesmo, para tratar de superarse e mellorar como persoa, ó igual que se fai con un diamante en bruto que se pule para que brile máis. Deste xeito, seríamos unha sociedade con capacidade para esforzarse a superarse e colaborar os uns cos outros na creación dun camiño que nos atinxe a todos, e comprender que en equipo se poden acadar máis doadamente os nosos propósitos para o benestar común.

            Esta é a visión que ten o cooperativismo; as cooperativas baséanse nos valores de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidaridade, a través dos cales nos permiten pensar e actuar coa finalidade de acadar o benestar do conxunto. Os seus membros cren nos valores éticos de honestidade, transparencia, responsabilidade social e preocupación polos demáis.

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete a 2.187 seguidores máis


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.433 visitas
Calendario empreg@
Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Analista Programador .NET C# 12 Maio, 2021
  • ADMINISTRATIVO OBRA Y PROYECTOS 14 Abril, 2021
  • Cocinero/a - A CORUÑA 12 Maio, 2021
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: