No apartado de Fomento Cooperativo, podedes atopar información das diferentes axudas que se conceden para a promoción do cooperativismo. Estas axudas, anque a día de hoxe (excepto a capitalización ou pago único da prestación de desemprego) están fóra de prazo, resulta convinte coñecelas e telas en conta, posto que soen saír cada ano.
Existen axudas para cooperativas de nova creación e para cooperativas xa consolidadas (ofrecendo 5 programas diferentes), para concellos ou entidades locais que queiran promover o cooperativismo, e para aquelas persoas que, tendo pendente o cobro da prestación contributiva do desemprego, pretendan incorporarse a unha cooperativa e queiran facer uso dese diñeiro para tal motivo.
Estaremos atentos a próximas convocatorias e informaremos a través deste blogue as novidades que haxa ó respecto e as modificacións que se poidan producir. Se vos xorde algunha dúbida ó respecto, podedes plantaxala ou ben directamente aquí ou ben establecendo contacto a través do apartado Fai a túa consulta do Fomento Cooperativo.
Deixar unha resposta