Para mostrar que calquer tipo de actividade pode ser desenvolvida a través do cooperativismo, queremos achegarvos esta cooperativa en constitución que se adica a servizos de natalidade con persoal especializado. Podedes acceder á súa web ou ler este artigo, e veredes que todo tipo de inciativas poden levarse a cabo a través do cooperativismo, e estamos seguros de que ideas de emprendemento coma ésta que vos presentamos, pasan polo voso pensamento cada día. E por esta razón, na Oficina de Fomento Cooperativo queremos axudarvos a madurar esa idea e a consolidala en forma de cooperativa.
En tempos de crise é cando máis aflora o cooperativismo, posto que a sociedade toma conciencia do importante que son as persoas e a cooperación entre elas para acadar uns fins comúns que individualmente, sobre todo en tempos difíciles, é case imposible de obter. Agardámosvos!
Deixar unha resposta