Qué é a economía social?
Á hora de caracterizar o que se entende por economía social, temos dous aspectos esenciais a ter en conta:
a) En primeiro lugar, a finalidade das iniciativas de economía social, relativa a integrar a producción en termos de eficiencia económica, coa redistribución equitativa da renda, a través do que se conseguiría o benestar social.
b) En segundo lugar, o tipo de figuras que formarían parte da economía social: cooperativas, sociedades laborais, autoemprego, asociacións, ONGs, determinadas iniciativas locais, etc, participando na actividade económica as tres primeiras, sendo consideradas as figuras típicas da economía social.
Con carácter xeral, e no tocante ó primeiro dos anteriores aspectos da economía social, considérase que as súas características esenciais son as seguintes:
- A consecución de empregos estables e de calidade.
- O compromiso coa sociedade e a contorna.
- A democratización da economía.
- A búsqueda do benestar social.
- A formación continuada e o estímulo á creatividade.
Gustaríache que fose éste o modelo económico que primase nesta comarca? Achégate á oficina de fomento cooperativo! O cambio empeza por un mesmo.
Deixar unha resposta