Buscar traballo require de unha constancia, disciplina e planificación, igual que o desempeño de un posto de traballo. Polo que se recomenda:
-Marcar unhas directrices de actuación: actividades a realizar diariamente, obxetivos a curto e longo prazo.
-Fixar un horario de traballo para a realización das actividades. Manterache activo e cunha xornada similar a laboral.
-Revisión mensual das actividades e pautas de mellora.
-Traballar diariamente a intelixencia emocional, para darse a un mesmo ánimo, autoestima e positividade. Requisito que cada vez se esixe nas empresas.
-Ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego.
-O autoemprego a través de distintas fórmulas empresarias. Especialmente contemplar a vía da creación de unha sociedade cooperativa. Será máis sinxelo o autoemprego con outros desempregados que aporten recursos e cooperen na actividade todos xuntos e non un só.
Para complementar esta información lede o seguinte artigo
Deixar unha resposta