Comprender as razóns, as motivacións e incluso a lexitimidade das posicións dos nosos interlocutores, os nosos futuros socios/as, é fundamental para poder xerar a confianza precisa que nos permita emprender o noso camiño en común. Este enfoque é necesario tanto para a constitución, como para o punto de partida, e por suposto, para o desenvolvemento da actividade.
En definitiva, o cooperativismo require, aínda máis que outro tipo de sociedades, dalgunhas actitudes específicas, en particular de habilidades sociais para a comunicación e a negociación. En termos prácticos, require:
- Capacidade para escoitar e, incluso, aprender dos demáis.
- Empatía: capacidade para poñerse no lugar dos demáis e comprender as súas necesidades e/ou motivacións.
- Flexibilidade: renunciar á defensa ríxida das nosas posicións.
- Relativización das ideas propias: este punto e o anterior son indispensables para desenvolver a capacidade de cooperar. En termos prácticos implican a capacidade de valorar as ideas de outros e ceder en beneficio do colectivo.
- Amplitude de miras: capacidade de sopesar non só o interese persoal, senon o interese social e empresarial, así como os obxectivos común a longo prazo.
Para o desenvolvemento da actividade cooperativa, sobre todo tendo en conto o contido social e a necesidade de innovación, precisaráse, ademáis, que a estas habilidades se lles sumen os seguintes valores:
- Colaboración e cooperación: a propia natureza da cooperativa demanda unha maior necesidade de cooperación e colaboración da que requiren outro tipo de sociedades ou institucións.
- Capacidade de aprendizaxe: isto require formación continuada, tanto individual como en grupo. O principal capital dunha cooperativa son os seus propios socios, de xeito que é preciso intervir en que éstes, dacordo coas necesidades do negocio, sexan cada vez máis cualificados e desenvolvan maiores habilidades. Así mesmo, debe de contribuirse ó desenvolvemento persoal dos socios, pois é esencial para o seu benestar.
- Compromiso coa cooperativa: a cooperativa require unha proactividade maior que a dun asalariado e a aceptación das decisión e estratexias que colectivamente se establecesen.
Deixar unha resposta