CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/UNHA ARQUITECTO/A TÉCNICO/A PARA A OFICINA TÉCNICA DO CONCELLO DE SOBRADO
Requisito: estar en posesión (ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias) do Título de Arquitecto Técnico ou equivalente.
Condicións:
A persoa aspirante seleccionada no presente proceso selectivo será contratada como traballador por servizo determinado, dándose de alta na Seguridade Social e demais requisitos legais, e a duración do contrato será dun ano.
As funcións que ha desempeñar serán as seguintes:
– Redacción de proxectos e estudios técnicos vinculados ao concello.
– Memorias valoradas e presupostos para a obtención de subvencións e para as obras vinculados co concello.
– Control e seguimento das obras executadas e promovidas polo Concello.
– Informes técnicos e urbanísticos.
– Dirección de execución das obras no ámbito das súas competencias, vinculadas ao Concello.
– Informes técnicos para contratación de obras.
– Seguimento do cumprimento dos contratos de obras e dos contratos de subministros.
– Visitas de inspección no ámbito do Concello.contrato será dun ano.
Prazo: ata o 28 de setembro (7 días naturais dende o día seguinte da publicación (BOP, 21 setembro)
Deixar unha resposta