Nos pasados meses de abril e maio tiveron lugar nos catro concellos da Mancomunidade as Xornadas de Biomasa: A biomasa forestal, formación e fomento do emprego no rural de Arousa Norte. Queremos recordarlles a tódolos alumnos que asistiron que, se tras rematar o curso lles quedou un pequeno interese sobre o aproveitamento dos usos forestais e non forestais como opción de emprendemento a través da creación dunha cooperativa, poden poñerse en contacto coa Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade para recibir máis información.
Asimesmo, se algún alumno está interesado en contactar con outros asistentes para abordar o tema e madurar a idea, poderán facer uso da bolsa cooperativa que está en funcionamento cubrindo unha instancia, e o persoal traballador da oficina encargaráse de establecer os contactos entre as persoas interesadas no mesmo proxecto. Poden acceder a esta bolsa cooperativa e a solicitude a través deste enlace:
Por último, recordamos a estas persoas que se aínda non teñen no seu haber o diploma, pasen a recollelo, ou ben nas oficinas da Mancomunidade, no caso de ter feito o curso nos concellos de Boiro e a Pobra, ou ben nos concellos de Rianxo ou Riveira, no caso de terse feito alí.
Deixar unha resposta