28 DE SETEMBRO, SANTIAGO: I XORNADA PARA EMPRESAS DOS CLUSTERS DE GALICIA
O próximo 28 de septiembre a partir das 9:45 h. na sede de FEUGA en Santiago de Compostela terá lugar a primeira Xornada para empresas dos clusters de Galicia, organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape co obxectivo é poñer de manifesto a aposta da Xunta polos clusters galegos como pancas de desenvolvemente do tecido empresarial.
A organización da Xornada xurde a petición dos propios clusters no seo dos grupos de traballo xerados a partir do proxecto de cooperación “AT CLUSTERS: cluster e meta-cluster rexionais e multirrexionais no Espazo Atlántico”. Nestes grupos de traballo os clusters galegos manifestaron cales eran as súas necesidades e problemática común e o IGAPE está a dar resposta.
A Xornada está especialmente orientada ás empresas dos clusters, pero tamén aberta a empresas que poidan considerar a convenciencia de integrarse nalgún deles. Con este encontro búscase transmitir directamente ás empresas que integran e dan sentido a os clusters a política galega neste ámbito e os beneficios que poden esperar deste traballo conxunto e coordinado.
O acceso ás xornadas será gratuito, con aforo limitado e previa inscripción na páxina http://xornadas.igape.es/.
Deixar unha resposta