A ABE vai a celebrar un curso presencial sobre NEGOCIOS ONLINE: Oportunidades de negocio en internet.
O obxectivo principal desta acción formativa e levar a cabo unha aproximación ao coñecemento e fundamentos do comercio electrónico, destacando o seu papel como oportunidade de negocio para o pequeno e mediano empresario.
Os participantes coñecerán as principáis plataformas de comercialización, terán unha panorámica do sector do comercio electrónico e das posibilidades e perspectivas.
¿QUEN PODE PARTICIPAR?
- Poderán asistir á actividade empresarios/as e emprendedores/as das comarcas de O Barbanza, Muros‐Noia e O Sar.
- O número total de prazas e de 20, e cubriránse por estricta orde de inscripción recibida na A.B.E.
- A asistencia e libre e gratuita para tódolos/as participantes
- No caso de que un/unha participante non asista a unha das sesións e confirme que non vai asistir ó resto das sesións previstas, a súa praza cubrirase coa seguinte persoa interesada.
CERTIFICADOS DE ASISTENCIA
Emitirase un certificado de asistencia a tódolos participantes que completen a participación de alomenos un 75% das horas previstas
DATAS E HORARIOS
8, 9, 10 e 11 de outubro de 20:30 a 23:00 horas.
O curso celébrase nas aulas da ABE.
INCRICIÓNS
Os interesados en participar no curso deben anotarse nas oficinas da ABE na maior brevidade xa que soamente hai 20 prazas e as mesmas adxudicaranse por orde de reserva.O prazo remata o vindeiro xoves 4 de outubro ou no momento en que se cubran as 20 prazas.
Os datos necesarios para inscribirse son:
NOME E APELIDOS, DNI, EMPRESA, EMAIL, TELÉFONO DE CONTACTO.
* NO CASO DE SER UN POSIBLE EMPRENDEDOR E NON ESTAR EN ACTIVO DEBE INDICALO NO MOMENTO DE FACER A RESERVA DE PRAZA.
Para anotarse poden contactar coa ABE no 981 84 78 88, mandar un mail a asociacion.abe@gmail.com ou ben pasar pola oficinas.
Deixar unha resposta