Xornadas para autónomos: Emprender e xestionar en tempos de crise


As incertezas da situación económica xeral, provocadas principalmente pola crise do mercado financeiro mundial, están a provocar importantes cambios estruturais, que afectan as empresas, ao emprendemento e á vida económica dos diferentes axentes.

Dende o Servizo de Apoio ao Autónomo do IGAPE  queren reflexionar con este colectivo empresarial sobre diferentes cuestións, referidas tanto ao emprendemento coma á xestión de negocios en funcionamento. Cuestión como as seguintes: é suficiente apoiarse neste panorama para decidir non emprender ante unha posible oportunidade? As mudanzas na demanda son só de contracción ou existe algunha demanda estable ou mesmo que aumente? Está aparecendo un patrón novo de demanda? As mudanzas sectoriais non son un sinal de aparición de oportunidades para o emprendemento? Como é o novo mercado financeiro? Que regras xa non son válidas? Cales son as novas claves do acceso ao financiamento?

Para procurar das resposta aos interrogantes organizan, xunto con algunhas das asociacións máis representativas dos autónomos de Galicia, as seguintes xornadas:

  • Martes 2 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e rendibilidade. CEAT. Lugo. Sede CEAT.
  • Xoves 4 de outubro, 16:30 a 20:30. Demanda e financiamento. CEAT. Ourense. Sede CEO.
  • Xoves 4 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e xestión flexible. CEAT. Pontevedra. Sede CEP.
  • Martes 9 de outubro, 10:00 a 14:00. Demanda e xestión flexible. FEAGA. Lugo. Sede CEI Lugo.
  • Mércores 10 de outubro, 16:00 a 20:00. Demanda e rendibilidade. CEAT. Pontevedra. Sede CEP.
  • Xoves 11 de outubro, 16:00 a 20:00. Financiamento e rendibilidade. CEAT. Ferrol. Edfcio admin. Xunta.

Máis información: anng@igape.es

Advertisements
Etiquetado con: ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,691 visitas
Calendario empreg@
Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Vendedor@s (Campaña Verano) 24 Xuño, 2017
  • Dependientes/as días sueltos 24 Xuño, 2017
  • Auxiliar Ayuda a domicilio 24 Xuño, 2017
  • Promotor para campañade verano 24 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • ASESOR DE SERVICIO POSVENTA AUTOMOCIÓN. 23 Xuño, 2017
  • GESTOR/A INCIDENCIAS 23 Xuño, 2017
  • Comercial Punto de Venta Telefonía y Backup 23 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: