Concurso no Centro de Iniciativas Empresariais de Pontevedra


Bases do concurso para a selección de adxudicatarios da cesión de módulos ou locais no centro de iniciativas empresariais do concello de Pontevedra

O 1 de outubro de 2012, publicouse no BOP as bases de adxudicación dos locais para o Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Pontevedra (BOP 01/10/2012)

O Centro de Iniciativas Empresariais é unha estrutura física deseñada para acoller a emprendedores e empresas de recente creación, e que pon a disposición das mesmas unhas instalacións e servizos de apoio para ofrecerlles unha cobertura básica que lles axude no arranque do seu negocio e a mellorar as súas expectativas de supervivencia empresarial.

Estrutura do vivero

O Vivero de Empresas consta de 1 sala de xuntas e 6 módulos para os despachos dos emprendedores.

Presentación das solicitudes de participación. Lugar e prazo.

Prazo: 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación (1/10/2012)

Lugar: Deberán presentar á solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra. Tamén poderán presentarse proposicións por correo.

Documentación das solicitudes

1.    Solicitude

2.    Curriculum do/s profesional/ais ou solicitantes

3.    Memoria descritiva da actividade

4.    Estudo económico-financeiro sobre a implantación e funcionamento da actividade

5.    Cronograma de posta en funcionamento.

6.    Creación de número de postos de traballo necesarios (duración, xornada, cualificación profesional).

7.    Indicación de tecnoloxía e sistemas de produción a empregar.

8.    Descrición do produto ou servizo obxecto de venda ou prestación.

9.    Asentamento da actividade: condicións físicas, técnicas, medioambientais esixíbeis e superficie necesaria, indicación de instalacións complementarias.

10.  Plan de promoción do proxecto.

11.  Especificación do réxime tributario e da seguridade social, aplicables.

12.  Fotocopia do DNI para os empresarios individuais, pasaporte ou documento que os substitúa.

13.  Escrituras constitución.

14.  Apoderamento.

Criterios de selección.

1.        Proxectos empresariais en actividades económicas emerxentes e xeradoras de novas fontes e posibilidades de emprego, actividades económicas aos novos nichos ou xacementos de emprego. Hasta 30 puntos.

2.    Proxectos empresariais promovidos por titulados recentes que pretenden aplicar os seus coñecementos a actividade produtiva, cun máximo de 25 puntos.

3.    Creación dun maior número de postos de traballo de duración indefinida, con prioridade dos de maior duración no suposto de contratos de duración determinada, cun máximo de 20 puntos

4.    Maior dinamización no sector económico do Concello, pola xeración de postos de traballo indirectos e/ou doutras actividades complementarias, cun máximo de 15 puntos.

5.    Carácter innovador da actividade a desenvolver. Máximo de 10 puntos.

6.    Demanda de maior capacitación profesional dos postos de traballo cun máximo de 6 puntos:

7.    Pola necesidade de tutelaxe polo Centro de Iniciativas Empresariais: Ata 4 ptos.

8.    Pola utilización preferente de materias primas autóctonas. Ata 3 ptos.

9.    Pola expectativa de promoción da empresa fóra do municipio de Pontevedra. Ata 2 ptos.

10.  Para o caso de empresas de recente creación, as sinaladas no art. 1.3 destas Bases, valorarase como criterio principal a menor antigüidade da empresa, entendendo por tal o menor prazo desde o comezo da súa actividade. Por este aspecto darase ata 24 ptos, partindo de que o máximo o obtería aquela empresa con menos dun mes de antigüidade á data de remate do prazo para presentar as solicitudes, e o mínimo, 1 pto, a que tivese os 2 anos de antigüidade.

Bases completas

Advertisements
Etiquetado con: ,
Publicado en novas
Un comentario en “Concurso no Centro de Iniciativas Empresariais de Pontevedra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,691 visitas
Calendario empreg@
Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Vendedor@s (Campaña Verano) 24 Xuño, 2017
  • Dependientes/as días sueltos 24 Xuño, 2017
  • Auxiliar Ayuda a domicilio 24 Xuño, 2017
  • Promotor para campañade verano 24 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • ASESOR DE SERVICIO POSVENTA AUTOMOCIÓN. 23 Xuño, 2017
  • GESTOR/A INCIDENCIAS 23 Xuño, 2017
  • Comercial Punto de Venta Telefonía y Backup 23 Xuño, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: