Estás desempregado? Gustaríache crear o teu posto de traballo, autoxestionar o teu tempo e que a túa profesionalidade repercuta ó 100% en ti? Inquédache ter que asumir tódolos riscos que supón a creación dunha empresa? E coñeces a persoas que estén na túa mesma situación, dispostas a iniciar un proxecto en común? Se é asi, a que estades agardando para vir informarvos á Oficina de Fomento Cooperativo e pedir apoio para crear a vosa cooperativa?
Se pola contra, tés a motivación suficiente para emprender, pero non coñeces a esas persoas coas que iniciarte no mundo do cooperativismo, por qué non te inscribes na Bolsa Cooperativa? Axudarémosche a buscar profesionais que compartan contigo ese proxecto empresarial e a idea de emprendemento a través do cooperativismo. Se non o intentas nunca saberás se che pode saír ben…
Deixar unha resposta