O IGAPE ven de por en marcha, con financiación de fondos FEDER, o programa “Re-Acciona” de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
Para comezar esta labor, o IGAPE estivo realizando visitas de “pre-diagnóstico” , co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.

Deste xeito, co apoio dos mellores especialistas, ofrécense diferentes servizos para a realización de:
a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade (máis información).

b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados (máis información).
c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:
Servizos avanzados de profesionalización (pulse en cada un deles para ver unha descrición estendida):
1. Optimización financeira e mellora de circulante
2. Profesionalización da produción
3. Relanzamento comercial
4. Control de xestión / xestión por procesos
5. Imaxe e comunicación empresarial

Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico (pulse en cada un deles para ver unha descrición estendida):
6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
7. Desenvolvemento de plans de acción
8. Plans e protocolos de empresa familiar
9. Idenficación de redes de cooperación e socios
10. Transformación radical do negocio (sobre todo en sectores maduros

d) Un programa de bolseiros (xa convocado) que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.
Deixar unha resposta