A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais é o impulsor do fomento da innovación no cooperativismo mediante o proxecto I+COOPERA, dirixido a promover un sector cooperativista máis competitivo mediante o impulso de proxectos e actividades diversas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
A xornada “A innovación vista de cerca” terá lugar o 19 de outubro, en xornada de mañá, en Santiago de Compostela, e pretende achegar experiencias reais sobre innovación e recursos . As persoas participantes coñecerán de primera man 6 experiencias en innovación e un conxunto de recursos dispoñibles para pór en práctica a innovación nas súas entidades.
Queres participar? entra no seguinte enlace para ampliar información e inscribirte:
Deixar unha resposta