7 bolsas no Congreso dos Deputados


4 bolsas para o Departamento de Prensa do Congreso dos Deputados

Convocatoria

Obxecto: para a realización de estudos e traballos sobre comunicación institucional, tanto nos seus aspectos de comunicación interna como externa, relacionados co Parlamento e que encomende o Departamento de Prensa da Cámara.

Condicións: cada unha das bolsas terá unha duración de 12 meses e a súa contía total será de 12.900 € brutos por ano, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de 1.075 €. Os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social.

Requisitos: poderán solicitar a concesión de bolsa os Licenciados universitarios españois en Ciencias da Información que reúnan as seguintes condicións:

a) Ter finalizado os estudos con posterioridade a xaneiro de 2008.

b) Non ter gozado durante máis de seis meses doutra bolsa do Congreso dos Deputados das mesmas características.

Prazo: ata o 22 de outubro ( 10 días hábiles a partir de mañá).

3 bolsas de estudos da UE para o Congreso dos Deputados.

Convocatoria

Obxecto: para realizar as tarefas ou estudos aplicados que se lles encomenden pola Dirección de Estudos, Análise e Publicacións, a Dirección de Relacións Internacionais ou a Dirección de Comisións, de carácter documental, estatístico, informativo, analítico e institucional relacionados cos órganos e a actividade da Unión Europea en xeral ou calquera outra colaboración práctica relacionada coa Unión Europea. Os estudos e tarefas realizadas quedarán de propiedade do Congreso dos Deputados.

Condicións: cada unha das tres bolsas terá unha duración de 12 meses e a súa contía total será de 12.900 € brutos por ano, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de 1.075 €. Os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social.

As bolsas poderán prorrogarse por un período máximo de seis meses, cando a conclusión dos traballos e estudos aplicados que se estean a realizar así o aconselle.

prórroga será acordada polo Presidente do Congreso, por proposta do Secretario Xeral da Cámara.

Requisitos:

a) Ter obtido a licenciatura ou título equivalente nos tres anos anteriores á data da publicación oficial desta convocatoria.

b) Acreditar preparación teórica específica en materias relacionadas cos órganos ou actividades da Unión Europea e, no seu caso, experiencia práctica sobre tales materias.

c) Non ter gozado doutra bolsa do Congreso dos Deputados ou do Senado.

d) Posuír unha competencia suficiente en lingua castelá e en lingua inglesa, como mínimo, e noutras linguas de países membros da Unión Europea.

e) Ter nacido despois do 1 de xaneiro de 1982.

Prazo: ata o 29 de outubro de 2012.

Advertisements
Etiquetado con: , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,785 visitas
Calendario empreg@
Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Promoción, campaña ESTUDIANTES 22 Agosto, 2017
  • asesor@s de belleza ganancia de 40% ( a comision ) 22 Agosto, 2017
  • Teleoperadoras/es desde casa a comision (cosmetica) 22 Agosto, 2017
  • Crew Members to several groups of Hotels UK - Final Interviews via Skype 22 Agosto, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • 6 Vacantes - Asesor de Servicios de Telefonía 22 Agosto, 2017
  • Operari@ Camariñas 22 Agosto, 2017
  • COMERCIAL TELEMARKETING A CORUÑA 22 Agosto, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: