Obxecto: A Fundación FOESSA (Fomento de Estudos Sociais e Socioloxía Aplicada) convoca o I Concurso de Investigación Social, unha cita á que poderán concorrer obras de investigación inéditas que versen sobre algunhas das temáticas incluídas nos tres eixes fundamentais que sintetizan as liñas de investigación da Fundación:
- Estrutura social e desigualdade
- Axentes e actores sociais
- Dimensión internacional do desenvolvemento
Beneficiarios: está aberto a persoas maiores de idade de calquera nacionalidade ou procedencia que sexan autores e titulares de todos os dereitos de autor inherentes ao proxecto que presentan.
Obras inéditas e orixinais:
Segundo se establece nas Bases da convocatoria, a esta poderá optar calquera obra inédita, non presentada simultáneamente en ningún outro concurso nin editada en ningunha modalidade. O autor ou autores da obra garantirán mediante declaración asinada a autoría e orixinalidade da obra presentada, así como que non é copia nin modificación de ningunha outra, allea nin propia. Así mesmo, as obras presentadas deberán estar sempre escritas en idioma castelán e que non correspondan a autores falecidos con anterioridade ao anuncio desta convocatoria. Cada autor só poderá participar cunha obra.
Edición da obra gañadora:
O xurado do Concurso, que estará composto por expertos de recoñecido prestixio no ámbito das ciencias sociais, seleccionará a obra gañadora, que será editada na Colección de Estudos da Fundación FOESSA. Cáritas Española será a responsable da devandita edición.
Prazo de admisión de candidaturas: remata o 28 de febreiro de 2013.
Deixar unha resposta