Requisitos:
- Ter entre 18 e 29 anos a data do 24 de outubro de 2012.
- Debes ser o responsable directo do teu proxecto, sexas emprendedor ou intra emprendedor (emprendedor dun proxecto dentro dunha organización). Podes ser de forma remunerada economicamente ou de forma voluntaria.
- O teu proxecto debe levar funcionando polo menos 6 meses antes da apertura de convocatoria para candidatos (24 de Outubro de 2012).
- O teu proxecto debe ter impacto en España.
Se o candidato non é fundador nin responsable do programa que representa ou ben non pode asistir ao 100% das sesións presenciais de formación, a súa candidatura quedará expresamente descualificada.
As sesións de formación desenvolvésense nas seguintes datas:
- Do 8 ao 17 de Marzo 2013 con todos os gastos incluídos.
- Do 20 ao 22 de Setembro de 2013 con todos os gastos incluídos.
Características da iniciativa emprendedora presentada:
- Pode ser en si mesma unha organización recoñecida e rexistrada.
- Pode ser un proxecto individual xestionado de xeito autónomo.
- Pode formar parte dunha organización que conte con outros proxectos (intra emprendimiento)
- Pode ser un proxecto con ou sen ánimo de lucro sempre que teña un impacto social relevante.
Os criterios de valoración son os seguintes:
- LIDERADO. A túa capacidade para xestionar un proxecto viable e a vocación para que o saques adiante.
- IMPACTO SOCIAL. Se traballas en rede ou realizas estratexias de mobilización social efectivas, e se o teu proxecto demostrou un impacto sólido na comunidade onde se desenvolve.
- SOSTIBILIDADE. Que o teu proxecto sexa sostible social, ambiental e economicamente. Se aínda non o é, fixarémonos en que teña posibilidades reais de selo no futuro.
- INNOVACIÓN.Gústanos a xente que fai as cousas de forma diferente e busca novas maneiras de alcanzar o que se propón. Por iso, queremos que o teu proxecto responda de forma innovadora a un reto social.
- ACHEGA DO PROGRAMA AO EMPRENDEDOR. O programa dos Premios pode fortalecer a traxectoria do emprendedor e do mesmo xeito, se espera que a súa experiencia poida achegar valor á rede de Mozos Emprendedores Sociais.
Premio:
- Cada mozo gañador/a será premiado/a con;
- Apoio Económico.
- 3,000 euros para o emprendedor ou o proxecto sen necesidade xustificación.
- Formación (con todos os gastos cubertos).
- Unha sesión de formación do 8 ao 17 de Marzo 2013
- Unha sesión de formación do 20 ao 22 de Setembro de 2013
- Nos anos consecutivos, dous encontros anuais con todos os membros da Rede dos Premios UEM Novos Emprendedores/ás Sociais.
- Visibilidade e promoción
- Apoio na difusión mediática.
- Os gañadores serán recoñecidos na cerimonia de entrega dos Premios que se celebrará en Madrid o xoves 14 de marzo de 2013. Os gastos da viaxe serán cubertos polo programa dos Premios UEM Novos Emprendedores Sociais.
- Vinculación con emprendedores sociais a nivel nacional e internacional.
- Acceso a información e contactos no sector do emprendemento social ou outros sectores específicos.
- Un programa de mentoring (a petición do premiado).
- Os gañadores formarán parte da rede nacional dos Premios UEM Novos Emprendedores Sociais, tendo así a posibilidade de colaborar con outros membros.
- Oportunidades para interactuar con mozos emprendedores sociais de todas partes do mundo a través do programa Global Fellowship de YouthActionNetTM. http://www.youthactionnet.org/
Prazo: ata o 23 de outubro de 2012.
Toda a información en http://www.emprendedoressocialesuem.com/
Deixar unha resposta