“O emprendemento colectivo fai que os riscos se compartan e as ilusións se complementen ao tempo que melloramos as posibilidades de dotarnos de recursos e de diferentes opinións”
Os membros de Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega, accederon a concedernos unha entrevista a través da cal pretendíamos coñecer a opinión dun caso real de cooperativismo na Mancomunidade de Arousa Norte. Ana Olveira e Ketty Paisal tiveron a amabilidade de resportarnos ás preguntas.
Esta cooperativa, constituida en Boiro no ano 2008, naceu en plena crise e sobrevive ás adversidades gracias “ás ganas de triunfar e ó empuxe” dos seus socios. No pasado mes de xullo recibiron o Premio aos valores cooperativos 2012, pola súa “xestión democrática, a participación en igualdade e o reparto equitativo do traballo”.
Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega sirve para mostrar que a fórmula cooperativa é viable, sobre todo en tempos nos que, a pesar das dificultades, as posibilidades de acadar a estabilidade económica e laboral existen, só depende das ganas, do esforzo, da entrega e do afán que cada persoa esté disposta a adicarlle. Se queremos resultados distintos, debemos probar a facer algo diferente!
Deixar unha resposta