A Oficina de Fomento Cooperativo elaborou un informe estatístico sobre o cooperativismo na Mancomunidade de Arousa Norte para coñecer a súa situación na comarca.
Deste informe extráese a escasa presencia de cooperativas no tecido empresarial comarcal e a necesidade de fomentar unha economía social que axude á cidadanía a acadar un benestar social, económico e laboral.
Queremos recordar que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo e das distintas Oficinas de Fomento Cooperativo distribuídas pola xeografía galega, trata de divulgar, fomentar e fortalecer o cooperativismo, poñendo a disposición dos cidadáns do Barbanza un punto de información sobre esta fórmula empresarial aínda descoñecida, pero que demostrou ser a máis resistente a períodos económicos adversos coma os que estamos a atrevesar, ademáis de dotar ós seus socios dunha estabilidade laboral e económica.
Deixar unha resposta