Telefónica puxo en marcha o proxecto Talentum, dirixido tanto a universitarios como a titulados.
O programa divídese en dúas modalidades:
- Talentum Universitas, un programa de bolsas remuneradas de longa duración destinado a recén titulados, mediante o que se ofrecerán un total de 530 bolsas remuneradas ás que poderán optar mozos de toda España.
- Talentum Startups, dirixido a enxeñeiros e mozos dos últimos cursos de carreira apaixonados pola tecnoloxía, para desempeñar proxectos tecnolóxicos e de innovación. Estas bolsas terán dúas vertentes distintas:
- Talentum Startups Short track: o teu propio proxecto.
- Talentum Startups Long track: colabora cun proxecto. Os interesados en optar a unha das bolsas deberán inscribirse no Tour e asistir a unha das presentacións que terán lugar nas diferentes universidades.
Podes consultar este programa de bolsas na páxina web www.talentum.telefonica.com
Deixar unha resposta