Preséntase UNED Aberta, a primeira plataforma universitaria española online e gratuíta. Con esta iniciativa preténdese agrupar os recursos educativos abertos e gratuítos da UNED.
A plataforma Aprendo, enmarcada na estratexia UNED Aberta, ofrecerá cursos online gratuítos en español e recursos como libros de texto electrónicos, bases de datos, etc.
Así mesmo, dispoñerá de foros de aprendizaxe colaboradora e tutelada no que o estudante, non importa onde estea, se relacionará con outros, debaterá e solucionará as súas dúbidas. Unha fórmula, segundo indicou o reitor desta institución, Juan A.Gimeno, para construír a universidade do século XXI, e de que esta sexa “aberta, sen fronteiras e gratuíta”.
O proxecto, no que participan tamén Telefónica, Universia e a Fundación Centro Superior para o Ensino Virtual, está enfocado tanto a estudantes que se interesen polos cursos gratuítos online, coma a profesores que queiran utilizar os recursos da Uned para elaborar os seus propios contidos.
Toda a información na páxina web da UNED.
Deixar unha resposta