Consellos para buscar traballo en Linkedin


A rede social de profesionais Linkedin pode ser unha boa ferramente para encontrar traballo, máis non descoides a túa conta e segue as seguintes recomendacións:

  • Coida as actualizacións de estado: o que comentes no teu estado de Linkedin non pode ser o mesmo que utilizas noutras redes sociais máis vinculadas ao ocio. Neste caso, deben ser enlaces cara a unha noticia ou artigo relacionado co teu ámbito laboral. Todo o que publiques debe ser profesional.
  • Organiza a orde dos teus traballos: a rede organiza as túas experiencias profesionais en orde cronolóxica, polo que un voluntariado, por exemplo, pode mesturarse cos teus empregos. Non obstante, é recomendable que edites a información segundo o teu criterio.
  • Comparte e participa en grupos: participar en debates de grupos relacionados co teu sector está ben valorado polos recrutadores. Ademais, permíteche estar ao día do que sucede no teu ámbito profesional.
  • Non esquezas o resumo: esta sección é importante para que o recrutador se faga unha primeira idea da túa traxectoria profesional, para pasar a consultar máis tarde todas as túas experiencias laborais.
  • Se conciso e defínete en poucas palabras: no apartado de información básica (dentro do título profesional) define o teu perfil profesional de xeito claro e conciso, sen alongarte demasiado.
  • Actualiza o perfil e o currículo: se tes que presentar o teu currículo en papel nunha empresa asegúrate de que os datos son os mesmos que os que constan en Linkedin (experiencia profesional, nivel de estudos, etc.). Procura actualizar a información de ambos os dous perfís periodicamente.
  • Pide recomendacións: recorda que en Linkedin é doado pedir recomendacións profesionais aos teus antigos xefes. Isto axudarache a ter mellor reputación.
  • Inclúe unha fotografía: é recomendable incluír unha imaxe profesional no perfil.
  • Pon un enlace do teu perfil ao teu CV: se tes un CV en papel ou un CV en versión dixital engade o teu perfil de Linkedin. Así o recrutador poderá ter unha versión máis ampla das túas calidades.
Advertisements
Etiquetado con: , , , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,749 visitas
Calendario empreg@
Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Comerciales Venta Directa 22 Xullo, 2017
  • Técnico de Mantenimiento Industrial (Álava) 22 Xullo, 2017
  • Conductor/a con discapacidad para Santiago de Compostela 22 Xullo, 2017
  • Distribuidor-Promotor para campaña de R-Cable 22 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Chófer 21 Xullo, 2017
  • Técnico de obras 21 Xullo, 2017
  • ARQUITECTO/A TÉCNICO/A 21 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: