Deseño atractivo e sorprendente dun CV


Á hora de crear ou actualizar un currículo, sabemos que é necesario coidar a redacción e o contido, pero o que moitos esquecemos é que tamén debemos poñer atención ao seu deseño. En calquera profesión, un currículo atractivo sobresae por enriba dos demais. Ademais, un deseño innovador xa non é exclusivo dos candidatos a postos relacionados coa creatividade, o deseño, a publicidade, a arte e as novas tecnoloxías.

Pensando nel, un grupo de mozos apaixonados pola tecnoloxía e o deseño desenvolveu a aplicación Visualize.me. Dispoñible gratuitamente en Internet, a ferramenta permite que un candidato que non ten habilidade en deseño gráfico xere un currículo visualmente diferente a través dun a infografía personalizada. Os fundadores de Visualize.me definen así a súa proposta: “Cremos que o modelo de currículo tradicional é aburrido, longo e pesado, e hai moito que necesita unha reforma completa. Estamos a crear un formato online de currículo que é bonito, relevante e divertido. Queremos que as persoas poidan expresar os seus logros profesionais cunha visualización simple, persoal e á vez convincente”.

A ferramenta permite que datos como a experiencia laboral, as habilidades, os idiomas, os intereses, a formación académica, entre outros, se convertan en infografías en tan só un click. O usuario, ademais, pode elixir entre seis temas diferentes, seleccionar cores e tipos de fontes de cada infografía.

O usuario de Linkedin que queira crear o seu currículo en Visualize.me teno aínda máis doado. Só con acceder á aplicación utilizando os datos da súa conta de Linkedin, Visualize.me automaticamente xera unha infografía baseada na información xa dispoñible nesta rede social.

Tras xerar a infografía, o usuario pódea compartir en Facebook, Twitter, Linkedin e Google+, o cal lle dá aínda máis difusión e tamén facilita o acceso dos recrutadores que buscan candidatos a través das redes sociais.

Probade e xa nos contaredes que vos parece!

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en novas
Un comentario en “Deseño atractivo e sorprendente dun CV

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,832 visitas
Calendario empreg@
Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Delegado Comercial Lentes - Sector Óptico 25 Setembro, 2017
  • Administrativo/a Contable 25 Setembro, 2017
  • Administrativo/a Gestión Comercial 25 Setembro, 2017
  • Mozo/a de Almacén Zona Ferrol 25 Setembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • PROFESOR JAVA EE (FULLSTACK-BACK) 25 Setembro, 2017
  • Administrativo/a Contable 25 Setembro, 2017
  • Vendedor/a 20h/s Disp. Horaria, Santiago 25 Setembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: