O proxecto Galicia Polis está enmarcado dentro da acción 1.3 Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción.
O obxectivo desta acción é poder desenvolver actividades que permitan aos mozos de toda a Unión coñecer en profundidade como funcionan os procesos democráticos, así como recoller as propostas dos propios mozos para mellorar a participación xuvenil nestes procesos.
Na nosa comunidade, Galicia Polis celebrará entre o 5 e o 13 novembro de 2012 unha serie de seminarios preparatorios en 8 localidades diferentes, para abordar e debater unha serie de temas de interese dende unha perspectiva de democracia participativa.
Posteriormente, entre os días 21 e 23 de novembro, Braga acollerá un seminario final onde se debaterán e se poñerán en común as conclusións da mocidade lusa e galega, para a elaboración dun documento final.
Obxectivos do proxecto:
Analizar, discutir e promover a participación dos mozos e mozas nas políticas de xuventude a través do Diálogo estruturado no eido das entidades locais das dúas rexións: Galicia e Norte de Portugal.
Datas , lugares de celebración e temática:
DATA | CIDADE | HORARIO | LUGAR DE CELEBRACIÓN | TEMA SEMINARIO |
5 de novembro | Tui | 19-21h. | Casa da Xuventude | Cooperacións Transfronteiriza |
5 de novembro | Pontevedra | I.E.S. Valle Inclán | Iniciativa emprendemento | |
12 de novembro | Lugo | 19-21 h. | Centro Residencial Lug | Emprender no interior |
13 de novembro | Ourense | 19-21h. | Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas | Crea igualdade a través do emprendemento |
DATA | CIDADE | HORARIO | LUGAR DE CELEBRACIÓN | TEMA SEMINARIO |
6 de novembro | Vigo | De 19-21 h. | Residencia Xuvenil Altamar | Voluntariado e asociacionismo |
7 de novembro | Santiago | 12-14 h. | Centro coordinador de información xuvenil | Crise perspectiva |
8 de novembro | Ferrol | I.E.S Saturnino Montejo | Emprendemento cultural | |
9 de novembro | A Coruña | I.E.S.Calvo Sotelo | Cooperativismo |
Destinatarios: Mozos e mozas de 18 a 30 anos.
Número de prazas por convocatoria aberta.
30 prazas por seminario.
Os participantes poderanse inscribir en tódalas convocatorias, agás nos centros de ensino que vai dirixida ao alumnado destes centros.
Os participantes para o seminario final do 21 ao 23 de novembro que se celebrará en Braga (Portugal), serán seleccionados de entre os participantes dos distintos seminarios celebrados en Galicia.
Prazo de inscrición:
O prazo de inscrición comeza o 16 de outubro e remata:
– O 31 de outubro ás 12:00 horas, no caso do seminario de Tui
– O 5 de novembro ás 12:00 horas, nos casos dos seminarios de Vigo e Santiago
– O 9 de novembro ás 12:00 horas, nos casos dos seminarios de Lugo e Ourense.
Os participantes admitidos recibirán un correo electrónico de confirmación da praza
Máis información:
xuventude@xunta.es Tlf: 981 544645 / 981 544869
Deixar unha resposta