O Servizo de Información e Animación Xuvenil do concello de Rianxo oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos.
Os cursos son:
- Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo. Duración: 42 horas. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 9 de novembro.
- Curso de deseño gráfico: do 3 ao 21 de decembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Duración: 42 hroas. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 30 de novembro.
- Obradoiro de procura de emprego e emprendemento: 28 e 29 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Duración: 8 horas. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 27 de novembro. Para o desenvolvemento deste obradoiro contarán coa colaboración da Oficina de Fomento Cooperativo de Arousa Norte, que abordará o autoemprego colectivo a través da cooperativa como unha alternativa laboral para mozos e mozas desempregados/as.
Dirixidos a: mozos de 18 a 30 anos, residentes no Concello de Rianxo e cos estudos obrigatorios rematados.
Inscricións: Oficina de Información Xuvenil, no teléfono 981 100 688, no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es ou a través de trámites en liña da súa web.
Deixar unha resposta