Revisamos as bases e decidimos aclarar certos puntos que poden dar lugar a confusión. Modificouse o seguinte:
- Poden presentarse empresas que teñan o domicilio social ou fiscal nun dos concellos de Arousa Norte.
- Puntuarase a idade do promotor no momento da creación da empresa.
- Os participantes socios de sociedades mercantís ou de economía social deben acreditar tal condición.
- No apartado de puntuación “data de creación de negocio” especificáronse as datas.
- Os apartados innovación da idea de negocio e utilización de soportes de promoción barémanse en cada caso “ata a puntuación indicada en cada epígrafe”.
Deixar unha resposta