O Instituto Nacional de Administración Pública convoca bolsas de formación e investigación para titulados universitarios.
Entre as funcións atribuídas a este organismo figura a de promover a investigación, a formación, a difusión de experiencias e a realización de estudos e publicacións en materias relacionadas coas administracións públicas.
Para cumplir adecuadamente esta función, O INAP convoca 8 bolsas de formación, 6 destinadas a titulados universitarios da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, e 2 destinadas a titulados universitarios nas áreas de Biblioteconomía e Documentación.
A contía individual da bolsa será de 1.300 euros mensuais.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE (data publicación: 10 de novembro).
Deixar unha resposta