Como xa saberedes a estas alturas, A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.
Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social.
Dende a Oficina de Fomento Cooperativo animámosvos a que vos unades e apoiedes este manifesto incorporando os vosos datos identificativos, ben como persoa ou ben como entidade, aquí.
Grazas!
Deixar unha resposta